jueves, 18 de junio de 2026
Pechamos un curso cheo de lecturas
lunes, 1 de junio de 2026
Descubrindo Guimarães
Recentemente, o alumnado de ESO que cursa a materia de portugués como segunda lingua estranxeira, tivo a oportunidade de visitar a cidade de Guimarães. A profesora Maribel Gil quixo compartir connosco unhas liñas sobre esta experiencia, achegándonos aos lugares visitados e ás impresións que deixou esta saída cultural.
O alumnado de lingua portuguesa visitou Guimarães, cidade do distrito de Braga, o 25 de maio. Guimarães é considerada o berce de Portugal porque nesta vila naceu o seu primeiro rei, Afonso Henriques, e tamén se fraguou a independencia do reino de León, no s. XII, como reza na muralla: “Aquí nasceu Portugal”.
Pola mañá visitaron a Citânia de Briteiros, castro da Idade de Ferro. Ocuparon a tarde en ver o Castelo de Guimarães, onde se cre que naceu o rei Afonso, o Pazo dos Duques de Bragança e a Igrexa de San Miguel e en pasear polo centro histórico da cidade, declarado Patrimonio Mundial da Unesco no 2001, percorrendo as súas rúas e prazas como o Largo do Toural ou o Largo da Oliveira e, por suposto, a famosa muralla.
martes, 12 de mayo de 2026
Percorrendo a historia: visita cultural á comarca de Celanova
martes, 5 de mayo de 2026
Tertulias Literarias: encontro con Juan Tallón
miércoles, 29 de abril de 2026
O Ferro na fase galega do CanSat
lunes, 27 de abril de 2026
Semana do Libro 2026
Un ano máis celebramos no noso centro o Día do Libro, unha data na que pretendemos non só fomentar a lectura e a cultura literaria, senón tamén a solidariedade coas persoas máis vulnerables.
Entre as actividades organizadas neste curso destaca o noso Mercado Solidario, unha iniciativa proposta polas profesoras do Equipo de Biblioteca e que une lectura e compromiso social.
Durante o tempo de lecer da semana do 20 ao 24 de abril, a comunidade educativa puido mercar un libro e contribuir coa súa compra á donación que, por segundo ano consecutivo, se fará ao Banco de Alimentos de Ourense
máis que outras en arder.
![]() |
| Marcapáxinas conmemorativo (elaboración propia) |
martes, 24 de febrero de 2026
Cara a igualdade na ciencia: 11 de febreiro
![]() |
| Aprendemos a facer esferificacións: técnica gastronómica que encapsula líquidos en membranas xelatinosas. |
martes, 4 de noviembre de 2025
O Samaín chega ao noso instituto
Durante a semana pasada o noso centro celebrou o Samaín cun amplo abano de actividades que combinaron creatividade e posta en valor das nosas tradicións. Na Biblioteca, nas portas de aulas e departamentos, nos corredores e no vestíbulo habitaron por uns días seres malignos, meigas, vasoiras terroríficas, pantasmas, cabazas, esqueletos e outras criaturas e obxectos arrepiantes.
O Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Galego plantexaron varias actividades coas que afondar na cultura e literarura galegas: concurso de decoración de vasoiras "Varrendo o medo", estudo dos seres malignos da nosa tradición popular, ilustración de portadas de obras literarias galegas arredor do terror e do misterio e o xa tradicional xogo de pistas para descubrir ao asasino.
![]() |
| Algunhas portas das aulas de ESO decoradas durante as sesións de titoría. |
![]() |
| Portas dalgúns departamentos |
![]() |
| Seres Míticos Traballo realizado polo alumnado de 1º de ESO na materia de Lingua Galega |
![]() |
| Literatura e medo. Ilustracións realizadas polo alumnado de 2º de ESO na materia de Lingua Galega |
O Departamento de Plástica destacou especialmente co seu magnífico traballo na aula. O alumnado de ESO traballou coas profesoras Rebeca González e Cristina Sabucedo distintas técnicas para elaborar ilustracións inspiradas no mundo da maxia e do terror. Con elas montouse unha galería de arte terrorífica.
![]() |
| Vanitas. Naturezas Mortas. Traballo realizado polo alumnado de Expresión Artística de 4º de ESO |
![]() |
| Sangue e Ósos Traballo realizado polo alumnado de EPeV de 3º ESO |
![]() |
| Mi monstruo. Actividade realizada polo alumnado de EPeV de 1º de ESO |
Tamén en 2º de ESO o alumnado do club de lectura participou nunha actividade proposta pola profesora Emma Valado: un xogo de cartas arredor da obra Trece avisos: contos para ler pola noite de Paula Carballeira. Cada carta contiña unha ilustración relacionada con relatos do libro. Cada un dos tres equipos nos que se dividiu ao grupo escolleu unha carta e a partir dela, traballando de forma conxunta, o alumnado reescribiu o relato.
E rematamos as actividades do Samaín coa primeira xuntanza do club de lectura de 1º de bacharelato arredor da obra A ladroa da biblioteca de Meirás de Eva Mejuto, unha novela de intriga e misterio que rende homenaxe á historia galega e ao seu patrimonio cultural, actividade dirixida pola profesora Carme Pérez.
martes, 7 de octubre de 2025
Entre notas e emocións: descubrindo o teatro musical
O teatro musical é un xénero escénico que combina música, danza e diálogos para contar unha historia. Diferénciase doutras formas de teatro en que a música é parte fundamental da acción dramática. As personaxes expresan sentimentos, conflitos e decisións a través das cancións e das coreografías.
Moitas obras literarias foron adaptadas a teatro musical, chegando nalgúns casos a ter tanta fama coma o texto orixinal. Un dos exemplos máis destacados é West Side Story, que retoma a trama de Romeo e Xulieta de William Shakespeare, trasladándoa á Nova York dos anos 50.
O pasado 24 de setembro, o alumnado de 4º de ESO asistitu no Auditorio de Ourense ao musical Disneyland D´eiquí, interpretado maxistralmente polo alumnado do IES Taboada Chivite de Verín. Grazas a esta iniciativa, os rapaces e rapazas puideron achegarse a este xénero escénico que tivo como base diferentes películas de Disney, dende as cales se trataron temas de actualidade como o machismo, o empoderamento da muller ou a violencia.
A actividade estivo organizada por segundo ano consecutivo polo Equipo de Normalización Lingüística, coa finalidade de poñer en valor a nosa lingua e de achegarse a diferentes manifestacións artísticas.
Velaquí algunha imaxe da representación e un enlace a un dos números representados: Un xenio tan xenial.
lunes, 6 de octubre de 2025
O club de lectura medra no curso 2025 - 2026
Neste novo curso académico, o club de lectura As catro esquinas do Quinto consolídase como un dos espazos máis dinámicos e participativos do centro. O noso alumnado de ESO e Bacharelato está a amosar un notable interese pola lectura, o que se reflicte na elevada participación nas distintas modalidades do club: lectura e valoración de obras da literatura galega, análise de obras en lingua española e club de divulgación científica.
Cómpre destacar a importancia das colaboracións con entidades externas que non fan máis que enriquecer o noso proxecto lector. Seguiremos compartindo lecturas e conversas cos usuarios do CIS Aixiña, ademais de participar de novo nas Tertulias Literarias organizadas polo Concello de Ourense. Ambas iniciativas contribúen a facer da lectura unha experiencia compartida e plural.
Dende a biblioteca agradecemos a implicación de todo o alumnado participante e tamén a colaboración do profesorado dos departamentos de Lingua Galega, Lingua Castelá, Francés e Física e Química.
Velaquí algunhas imaxes da reunión inicial do noso club.
martes, 30 de septiembre de 2025
2025: Ano Castelao
jueves, 26 de junio de 2025
O Club de lectura despídese ata o próximo curso
Nestes últimos cursos no club As catro esquinas do Quinto compartimos moitas lecturas, emocións e reflexións, mais tamén organizamos actividades que nos fixeron vivir os libros máis aló das páxinas: encontros con autores, obradoiros creativos, debates e algunha saída especial.
Dende a biblioteca queremos amosar o noso agradecemento tanto ao alumnado como ao profesorado que impulsa estas actividades.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra visual dos momentos compartidos nesta recta final do curso.
![]() |
| Última xuntanza do Club o pasado 6 de xuño cos usuarios de Aixiña arredor da obra La Trenza, de Laetitia Colombani. Tras o debate houbo sesión de cine coa película baseada na novela. |
![]() |
| Acudimos o pasado 13 de xuño á última sesión das Tertulias Literarias do Concello de Ourense. Debatemos arredor da obra La mala costumbre , de Alana S. Portero |
viernes, 30 de mayo de 2025
Foliada das letras
![]() |
| Obradoiro de chapas e de impresión 3D na aula de Polos Creativos |
Has de cantar,que che hei de dar zonchos,has de cantar,que che hei de dar moitos.Has de cantar,meniña gaiteira,has de cantar,que morro de pena.





















.jpg)

.jpg)
.jpg)





.jpg)











.png)






.jpg)
.jpg)
