Un ano máis celebramos no noso centro o Día do Libro, unha data na que pretendemos non só fomentar a lectura e a cultura literaria, senón tamén a solidariedade coas persoas máis vulnerables.
Entre as actividades organizadas neste curso destaca o noso Mercado Solidario, unha iniciativa proposta polas profesoras do Equipo de Biblioteca e que une lectura e compromiso social.
Durante o tempo de lecer da semana do 20 ao 24 de abril, a comunidade educativa puido mercar un libro e contribuir coa súa compra á donación que, por segundo ano consecutivo, se fará ao Banco de Alimentos de Ourense
Tamén na mesma semana durante o tempo de lecer, e grazas á implicación das profesoras Cristina Sabucedo e Katia Cid, a biblioteca converteuse nun espazo cheo de vida, no que se desenvolveron diferentes actividades pensadas para compartir momentos arredor da lectura e das personaxes literarias.
Velaquí o programa desta Semana Temática "Día do Libro" e algunha imaxe.
Rematamos esta entrada do blog cunha cita tomada de Os libros arden mal de Manuel Rivas e coa que vos desexamos un Feliz Día do Libro.
Pode chover sobre o libro e as
palabras aínda dan calor. E unhas tardan
máis que outras en arder.
![]() |
| Marcapáxinas conmemorativo (elaboración propia) |








.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario