viernes, 27 de octubre de 2023

Obradoiro de poesía

O luns 23 de outubro o alumnado do club de lectura de 1.º ESO participou nun obradoiro que se desenvolveu no descanso previo ás horas lectivas da tarde (15-16 horas).
 
Alumnado no noso recanto de lectura

A biblioteca converteuse nun lugar cheo de poesía no que recitamos, creamos e reflexionamos sobre a creación poética. 

O alumnado descubriu que a poesía é ritmo e música con poemas de Nicolás Guillén, pero tamén que cousas tan simples coma unha cebola poden ser merecedoras dun poema e que, ás veces, se cambiamos unha soa palabra, o sentido da composición muda completamente. Mentres a choiva batía nos cristais... a rapazada fixo arte coas palabras.

viernes, 20 de octubre de 2023

Botamos a andar o Club de Lectura

O alumnado de 4º de ESO que participa no club de lectura acudiu onte ao Centro Integral de Servizos, moi preto do noso instituto e que xestiona a Asociación Aixiña, para constituir oficialmente o club Aixiña-Ferro. María Xosé, profesora de lingua castelá e coordinadora desta interesante actividade, resume este primeiro e emotivo encontro nas seguintes liñas:

Hoxe foi un día importante: botamos a andar o noso club de lectura en colaboración co CIS AixiñaCando chegamos, alí estaban Lalo, Modesto, Elena, Pili, Camy, Ángeles, Celso, Moncho, Julia... Foi coñercérmonos e sentir que estabamos facendo algo grande e marabilloso. As barreiras e os prexuízos caeron e comezamos a falar da vida e da literatura. Bastaron cinco minutos para que o noso alumnado e os usuarios do centro de día de Aixiña se entenderan coa mirada e coas palabras



Isto non fixo máis que comezar, pero promete que vai ser unha gran aventura. E para botar a navegar este barco, o libro escollido foi Las vencedoras, de Laetitia Colombani. 

Feliz travesía e feliz lectura!

Imaxe de https://elplacerdelalectura.com/


martes, 10 de octubre de 2023

Novidades da sección de ciencias [1]

A nosa biblioteca conta dende o curso pasado cunha sección dedicada ás ciencias. Nela pódense atopar libros de divulgación científica de autores como Xurxo Mariño, José Manuel López Nicolás ou Deborah García Bello, pero tamén narrativa arredor dalgún aspecto das ciencias. 

Nesta entrada propoñemos varios títulos de recente adquisición. Facendo click nas imaxes podedes ler fragmentos das obras.