![]() |
| Aprendemos a facer esferificacións: técnica gastronómica que encapsula líquidos en membranas xelatinosas. |
martes, 24 de febrero de 2026
Cara a igualdade na ciencia: 11 de febreiro
viernes, 5 de diciembre de 2025
Novembro: mes da ciencia
En novembro conmemórase o Mes da ciencia, unhas datas nas que os departamentos de ciencias co apoio da Biblioteca e de Vicedirección, organizan cada ano actividades de divulgación científica para achegar estas disciplinas ao noso alumnado nun contexto máis informal que a propia aula.
A primeira quincena do mes estivo exposta nos corredores do centro a exposición XEAS: Mulleres que estudan a Terra, propiedade da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) e da sección galega da Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra (AEPECT). O alumnado de bioloxía e xeoloxía de todos os cursos de ESO visitou a mostra resolvendo ao tempo un cuestionario.
Nas escaleiras do instituto aínda se pode visitar estes días a exposición do CSIC A esfera da auga, unha colección de 20 paneis sobre o mundo da auga, dende a súas propiedades químicas ata o seu papel na historia e a civilización humana. O alumnado de física e química de 2º de ESO percorreu a mostra e resolveu un tríptico-cuestionario sobre a mesma.
![]() |
| Imaxes dos carteis da exposición que se poden descargar para imprimir aquí. |
![]() |
| "A química da auga" |
![]() |
| "Prácticas de microscopía: observación de estomas e de protozoos". |
O xoves 27 de novembro o alumnado do Club de lectura de divulgación científica, organizado polo departamento de física e química, reuniuse para debater arredor da obra ¡Que se le van las vitaminas! de Deborah García Bello. Nesta sesión, empregando un xogo de tarxetas, debatemos e desmontamos algunha crenza popularizada sobre a vitamina C das froitas, a homeopatía e as vacinas.
![]() |
| Primeira reunión deste curso do Club de divulgación científica. |
O venres 28 de novembro un grupo 32 alumnos e alumnas de física e química de 4º de ESO asistiu un ano máis á Aula Newton, situada na Tecnópole, para participar na actividade Volamos con números: unha aventura aérea. Tamén o mesmo día outro grupo de estudantes do mesmo curso visitou o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia. A continuación adxuntamos algunha imaxes de ambas visitas.
![]() |
| Imaxes das explicacións previas á actividade final: manexar un simulador de voo. |
![]() |
| Instalacións do LOMG situado no Parque Tecnolóxico de Galicia |
Como ven sendo habitual estes últimos cursos, o noso instituto participa en outono nas Aulas de Divulgación da UNED, que este ano nos trouxeron dúas interesantes actividades.
O pasado 2 de decembro o alumnado de 4º de ESO que cursa bioloxía e xeoloxía asistiu ao obradoiro Risco de inundación: A xeoloxía é importante! impartido polas profesoras da Facultade de Ciencias da UNED, Loreto Antón e Candela Martínez, coa colaboración de Silvia Martín da Universidade Rey Juan Carlos e de Cristina Martín do IES Antonio Machado de Alcalá de Henares. Esta actividade de carácter práctico, pretende promover a comprensión das inundacións, incluindo a súa orixe e os factores naturais e antrópicos que condicionan a súa magnitude.
![]() |
| Imaxes do alumnado de 4º de ESO durante a sesión. |
E como peche das actividades para conmemorar o mes da ciencia, o alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Proxecto Competencial participou o xoves 4 de decembro no obradoiro Qué é a paleontoloxía? Os dinosaurios na península ibérica, impartido por Adán Pérez, Profesor Titular de Universidade e investigador no Grupo de Bioloxía Evolutiva da UNED. Nesta actividade puidemos coñecer en que consiste a paleontoloxía, as súas diferenzas coa arqueoloxía e que procesos se levan a cabo cos fósiles dende que se atopan nun xacemento ata que se expoñen nun museo.
![]() |
| Alumnado de 4º de ESO da materia de Proxecto Competencial participando na actividade. |
martes, 14 de octubre de 2025
Ciencia sen mitos: explorando o pensamento crítico
Neste curso 2025-2026 continuamos co Club de lectura de divulgación científica dirixido ao alumnado de 4º de ESO. Nas nosas xuntanzas trataremos de desmontar falsas crenzas e de comprender o que nos rodea a través da ciencia.
Escollemos o título ¡Que se le van las vitaminas! (Ed. Paidós, 2018) de Deborah García Bello, un compendio de artigos perfectamente documentados que nos axudarán a analizar distintos mitos presentes na nosa sociedade: desde crenzas sobre a saúde e a alimentación ata tópicos sobre a cosmética ou sobre o medio ambiente.
Cada lectura será o punto de partida para debater, contrastar información e poñer en práctica o pensamento crítico. A intención non é só descubrir certas ideas preconcebidas na nosa sociedade, senón tamén comprender por que se crean tales ideas e como o coñecemento científico nos axuda a rebatelas e a ser máis libres e conscientes do mundo no que vivimos.
![]() |
| Varios exemplares do noso fondo bibliográfico. Aquí podedes ler un fragmento. |
lunes, 2 de junio de 2025
Explorando a Ciencia dos Medicamentos
Este mes comezan no salón de actos as visitas á exposición Explorando a Ciencia dos Medicamentos, unha mostra froito do traballo realizado polo alumnado da materia de Proxecto Competencial de 3º de ESO baixo a coordinación do Dpto. de Física e Química.
Nas escaleiras do primeiro andar tamén temos exposta a exposición Entre Moléculas, presentada polo CSIC en 2011 con motivo do Ano Internacional da Química e que se pode descargar para imprimir aquí.
Velaquí o resumo do proxecto, algunha imaxe do alumnado de 3º ESO A presentando os traballos ao resto da clase e a lectura que propoñemos dende a biblioteca: Todo es cuestión de química (Ed. Paidós, 2016) de Deborah García Bello, Premio Prismas 2017 ao mellor libro de divulgación científica.
![]() |
| Portada da guía didáctica da mostra (elaboración propia) |
martes, 29 de abril de 2025
A contaminación: un problema global
viernes, 14 de marzo de 2025
Masterclass: Física de Partículas coas mans
O CERN (Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire) fundouse o 29 de setembro de 1954 co obxectivo de impulsar a cooperación científica en Europa despois da Segunda Guerra Mundial. Atópase en Suiza, preto de Xenebra e próximo á fronteira con Francia. O seu propósito inicial era a investigación en física de partículas e o desenvolvemento de aceleradores. Aínda que na súa creación participaron 12 países europeos, na acualidade conta con 23 estados membros, entre eles España.
O CERN alberga o Gran Colisionador de Hadróns (LHC), o maior acelerador de partículas do mundo. Ten unha circunferencia de 27 km e sitúase a 100m baixo terra.
España desempeña un papel clave no CERN, cunha forte participación nos seus experimentos. En particular, o Instituto Galego de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela colabora no experimento LHCb que estuda a asimetría entre materia e antimateria no universo.
Cada curso, dende o IGFAE e en colaboración co Grupo Internacional de Divulgación da Física de Partículas, o alumnado de bacharelato dos centros educativos galegos pode participar na Masterclass Internacional "Física de Partículas coas mans".
En representación do IES Ferro Couselo participaron o pasado xoves 6 de marzo Pablo Estévez e Adrián Borrajo, alumnos de 2º de bacharelato acompañados pola súa profesora de física Ana Reboiro.
A masterclass consitiu nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas, ademais dunha sesión práctica por ordenador realizada en grupos na que os estudantes tiñan que traballar con datos reais do experimento LHCb. Os resultados discutíronse por videoconferencia con mozos e mozas de centros doutros países que desenvolveron a actividade de forma simultánea.
Velaquí alguna imaxe e o vídeo-resumo que o IGFAE publicou nas súas redes sociais.
![]() |
| Imaxes tomadas o pasado 6 de marzo na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC |
miércoles, 19 de febrero de 2025
O herbario de Rosalía
![]() |
| Imaxe da portada do libro descargada de https://rosalia.gal/ |
lunes, 17 de febrero de 2025
Mes de febreiro: encontros coa ciencia
![]() |
| Imaxes do encontro con Sáenz de Cabezón o pasado 12 de febreiro |
Na xornada do venres 14 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO participou no obradoiro Matemáticas e Mulleres: de como Dido fixo grande a Cartago impartido por Elvira Hernández e Esther Gil, profesoras e investigadoras no ámbito das matemáticas na UNED.
![]() |
| Imaxes do obradoiro da UNED do pasado 14 de febreiro |
![]() |
| Algunhas lecturas propostas |
viernes, 20 de diciembre de 2024
Xuntanza de Nadal do club de lectura de ciencias
Hoxe tivemos unha nova reunión do club de lectura de ciencias, a última antes do merecido descanso de Nadal.
Seguimos conversando arredor da obra Un científico en el supermercado. Desta vez falamos da ciencia que hai detrás do tenis. O material do que está feita a roupa deportiva, a tensión da cordaxe das raquetas, o ollo de falcón ou a composición da terra da pista central de Roland Garros teñen moito que ver coa ciencia. Falar destes temas axudounos a apreciar como a ciencia e a tecnoloxía inflúe na evolución deste deporte.
Tamén coñecemos as chamadas ciencias 'ómicas' como a xenónima, a proteómica ou a epigenómica, todas elas relacionadas coa bioloxía molecular e a xenética e para as que as matemáticas e a informática son ferramentas indispensables. O autor presenta estas ciencias ao tempo que nos introduce e varias tradicións culturais do noso país como a celebración da noite de San Xoán, as procesións de Semanta Santa ou os castells. Aprendemos que as sales de diversos metais danlle cor aos fogos de artificio, que os raios X ademais de empregrarse no campo da medicina poden usarse nos procesos de restauración de obras de arte, e que unha torre humana non se derrumba grazas a que hai equilibrio de forzas.
Con esta xuntanza pechamos as actividades da BiblioFerro ata o 2025.
![]() |
| Alumnos e alumnas de 4º ESO A |
viernes, 29 de noviembre de 2024
Encontros científicos polo "Mes da Ciencia"
O alumnado de 1º de bacharaleto asistiu o pasado luns 25 de novembro a unha charla impartida por Fernando Veiga López, doutor en Mecánica de Fluidos pola Universidade Carlos III de Madrid e profesor na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo no Campus de Ourense.
Na súa intervención presentou o plan de estudos do Grao en Enxeñaría Aeroespacial, que comezou a impartirse na nosa cidade no curso 2016/2017, titulación coa que se forma a futuros profesionais que se ocuparán do deseño, construción, mantemento e mellora de aeronaves e vehículos espaciais, así como de todo o equipamento, subsistemas e infraestructuras que requiren.
Ademais, Fernando Veiga presentou os proxectos de investigación nos que está implicado o alumnado deste grao así como as oportunidades laborais ás que se pode optar con estes estudos.
![]() |
| Imaxes do encontro con Fernando Veiga (25/11/24) |
viernes, 22 de noviembre de 2024
Mes da ciencia: a herdanza de San Alberto Magno
En novembro celébrase o Mes da Ciencia, unha boa oportunidade para achegar as disciplinas científicas á cidadanía, poñendo en valor o labor dos investigadores e fomentando a curiosidade e o pensamento crítico en todas as idades.
A elección deste mes non é casual. Cada 15 de novembro conmemórase a festa de San Alberto Magno, patrón dos científicos e das facultades de ciencias. Foi un filósofo, teólogo e científico do século XIII que destacou pola súa capacidade para unir a fe e a razón, e polo seu interese en múltiples disciplinas como a bioloxía, a astronomía, a xeografía e a alquimia.
Dende este mundo vello e cansocontémplovos, altas estrelas;flores máxicas, abertasno gran prado da noite;soños perdidos no espacio,irmaos dos soños meus,dos meus anceios.Escríbovos en verso coa esperanzade que chegue a vós a miña voz:un chío a penas perceptíbel.
Nestas datas de outono, e con motivo do Mes da Ciencia, institucións, bibliotecas e centros educativos de todo o país organizan diversas actividades de corte científico. No noso instituto os departamentos de ciencias, como cada curso, tamén se suman a esta iniciativa, nesta ocasión con seis propostas que vos resumimos a continuación.
Esta semana tivo lugar na biblioteca a primeira xuntanza do Club de Lectura de Ciencias que organiza o Dpto. de Física e Química. Falamos da Estación Espacial Internacional, dos aditivos alimentarios, do rendemento físico dos deportistas e das pseudociencias.
![]() |
| Imaxe de UVigo |
![]() |
| Imaxe da actividade do curso pasado |
E como peche das actividades do Mes da Ciencia, o alumnado da materia de Proxecto Competencial de 2º de ESO visitará o Parque Botánico de Montealegre. Como complemento ao traballo que os estudantes están a realizar na clase arredor dos Espazos Naturais, participarán na actividade Bosque, unha das propostas dos Programas Educativos do Concello de Ourense.
lunes, 14 de octubre de 2024
A ciencia no club "As catro esquinas do Quinto"
Este curso poñemos en marcha na BiblioFerro o Club de lectura de ciencias. Un grupiño de alumnos e alumnas de 4º de ESO animouse a participar nas xuntanzas que faremos aquí mesmo, a carón da nosa sección de ciencia.
Decorada co gran número pi de cubos de cores, que nos cedeu o departamento de matemáticas, e coas letras que a compañeira María José de Física e Química pintou con moita arte, nesta sección podedes atopar dende títulos de divulgadores e científicos recoñecidos como Xurxo Mariño, J.M Mulet, Juan Luis Arsuaga ou Deborah García Bello, ata pequenas novelas de aventuras con pinceladas de ciencia. Todas estas obras están sinaladas cun punto verde identificativo e algunhas delas propostas como lecturas voluntarias dentro do proxecto lector dos diferentes departamentos de ciencias.
Nós conversaremos periódicamente sobre Un científico en el supermercado: un viaje por la ciencia de las pequeñas cosas, de José Manuel López Nicolás. Empregando como fío conductor unha remolacha, unha camiseta, unha bebida enerxética ou unha pelota de tenis, mergullarémonos na investigación espacial, na ciencia dos materiais, na biotecnoloxía, no mundo da medicina e moito máis.
martes, 2 de abril de 2024
Lecturas recomendadas ao fío do Proxecto CPInnova EduSaúde
No marco do Proxecto CPInnova EduSaúde, no que participa o noso instituto grazas á implicación do profesor Iago Saco, o departamento de Educación Física organizou o pasado luns 18 de marzo unha xornada lúdico-deportiva na estación de montaña de Manzaneda. Neste enlace podedes ampliar información sobre esta e outras actividades que se están realizando.
Na BiblioFerro seguimos reorganizando e ampliando o noso fondo bibliográfico. Dende o curso pasado tratamos de darlle visibilidade ás seccións de Banda Deseñada e de Ciencias. Nelas contamos con algún título arredor do deporte e dos hábitos saudables, aspectos clave que se están a desenvolver neste proxecto.
Velquí as nosas propostas para esta semana: Big in Japan de L. F. Campuzano, cómic que rememora os éxitos do baloncesto español e Comer sin miedo de J. M. Mulet, obra de divulgación que ofrece unha análise científica e documentada da realidade dos alimentos que consumimos.
lunes, 18 de marzo de 2024
Obradoiro de primeiros auxilios
Os pasados 13 e 14 de marzo tivo lugar en Expourense o 17º Salón de Prevención e Seguridade Laboral.
No marco desta feira o alumnado de 2º de bacharelato de bioloxía, xunto coa súa profesora Charo Blanco, participou no obradoiro práctico Aplicación de hemostáticos e torniquetes da man de Brais Ramos López, enfermeiro e TES.
Nesta xornada aprenderon como atallar sangrados con poucos recursos, como facer vendaxes, como facer un torniquete e tamén nocións básicas sobre como actuar ante unha queimadura.
Velaquí algunha imaxe da actividade e a nosa proposta dende a BiblioFerro: un vídeo divulgativo da Cruz Vermella.
viernes, 15 de marzo de 2024
Día Internacional das Matemáticas
A celebración do Día de Pi ten a súa orixe en 1988 cando o físico Larry Shaw tomou como referencia os tres primeiros díxitos do número π para asocialos ao 14 de marzo (March 14 no mundo anglosaxón).
Na 40ª Conferencia Xeral da UNESCO de 2019 escolleuse esta data como o Día Internacional das Matemáticas, consolidándose así o recoñecemento actual ás Matemáticas polo seu importante papel en multidude de ámbitos de gran impacto na nosa calidade de vida como a saúde, o medio ambiente, a enerxía ou a intelixencia artificial.
Estes días podemos ver no vestíbulo do instituto a exposición que, con motivo deste día, o departamento de matemáticas preparou coa axuda do alumnado de ESO. Velaquí unhas imaxes:

.jpg)
.jpg)






.jpg)



























.jpg)





.jpg)





