O teatro musical é un xénero escénico que combina música, danza e diálogos para contar unha historia. Diferénciase doutras formas de teatro en que a música é parte fundamental da acción dramática. As personaxes expresan sentimentos, conflitos e decisións a través das cancións e das coreografías.
Moitas obras literarias foron adaptadas a teatro musical, chegando nalgúns casos a ter tanta fama coma o texto orixinal. Un dos exemplos máis destacados é West Side Story, que retoma a trama de Romeo e Xulieta de William Shakespeare, trasladándoa á Nova York dos anos 50.
O pasado 24 de setembro, o alumnado de 4º de ESO asistitu no Auditorio de Ourense ao musical Disneyland D´eiquí, interpretado maxistralmente polo alumnado do IES Taboada Chivite de Verín. Grazas a esta iniciativa, os rapaces e rapazas puideron achegarse a este xénero escénico que tivo como base diferentes películas de Disney, dende as cales se trataron temas de actualidade como o machismo, o empoderamento da muller ou a violencia.
A actividade estivo organizada por segundo ano consecutivo polo Equipo de Normalización Lingüística, coa finalidade de poñer en valor a nosa lingua e de achegarse a diferentes manifestacións artísticas.
Velaquí algunha imaxe da representación e un enlace a un dos números representados: Un xenio tan xenial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario