Club de lectura

O club de lectura As catro esquinas do Quinto organiza encontros literarios, saídas didácticas e reunións periódicas na biblioteca.  Está coordinado por Pilar Fernández, profesora de francés e responsable da biblioteca.

Participan na organización das actividades propostas as profesoras do departamento de lingua castelá, lingua galega e de física e química. Forman parte do club alumnos e alumnas de todos os cursos.

Pódense consultar aquí as actividades realizadas a partir do curso curso 2023-2024.

As actividades de cursos anteriores poden consultarse neste blog.