martes, 29 de abril de 2025
A contaminación: un problema global
lunes, 17 de febrero de 2025
Mes de febreiro: encontros coa ciencia
![]() |
| Imaxes do encontro con Sáenz de Cabezón o pasado 12 de febreiro |
Na xornada do venres 14 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO participou no obradoiro Matemáticas e Mulleres: de como Dido fixo grande a Cartago impartido por Elvira Hernández e Esther Gil, profesoras e investigadoras no ámbito das matemáticas na UNED.
![]() |
| Imaxes do obradoiro da UNED do pasado 14 de febreiro |
![]() |
| Algunhas lecturas propostas |
viernes, 29 de noviembre de 2024
Encontros científicos polo "Mes da Ciencia"
O alumnado de 1º de bacharaleto asistiu o pasado luns 25 de novembro a unha charla impartida por Fernando Veiga López, doutor en Mecánica de Fluidos pola Universidade Carlos III de Madrid e profesor na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo no Campus de Ourense.
Na súa intervención presentou o plan de estudos do Grao en Enxeñaría Aeroespacial, que comezou a impartirse na nosa cidade no curso 2016/2017, titulación coa que se forma a futuros profesionais que se ocuparán do deseño, construción, mantemento e mellora de aeronaves e vehículos espaciais, así como de todo o equipamento, subsistemas e infraestructuras que requiren.
Ademais, Fernando Veiga presentou os proxectos de investigación nos que está implicado o alumnado deste grao así como as oportunidades laborais ás que se pode optar con estes estudos.
![]() |
| Imaxes do encontro con Fernando Veiga (25/11/24) |
miércoles, 27 de noviembre de 2024
Encontro con Antía Yáñez
O pasado mércores 13 de novembro visitou o noso centro Antía Yañez (Burela, 1991). Enxeñeira de camiños de formación e escritora de profesión, Antía Yáñez conta con sete obras e varios premios no últimos anos.
Reuniuse co alumnado de 1º de ESO para falar sobre a súa primeira novela O misterio de Portomarín (2016). Cos grupos de 1º de bacharelato afondou sobre Senlleiras, publicada en 2018 e pola que recibiu o Premio Narrativa Illa Nova. Esta novela, que vai dirixida a un público máis adulto, trata temas de actualidade como as redes sociais, a soidade e a violencia de xénero. Ambas obras forman parte das lecturas propostas polas profesoras do Dpto. de Lingua Galega e impulsoras desta actividade.
![]() |
martes, 16 de abril de 2024
Encontro con Marilar Aleixandre
O pasado mércores 10 de abril o alumnado do Club de lectura participou na biblioteca nun encontro con Marilar Aleixandre. Bióloga de formación, comezou a escribir nos seus tempos de estudante na Universidade Complutense de Madrid. Traballou como profesora de Ensino Secundario en Vigo e tamén como profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais na Universidade de Santiago de Compostela. Como escritora conta cunha importante produción literaria, tanto en narrativa como en poesía, dirixida a público infantil, xuvenil e adulto. Recibiu varios premios e recoñecementos, o último o Premio Nacional de Narrativa 2022 pola obra Malas Mulleres.
A profesora Claudia Pérez resume o encontro nas seguintes liñas e Pilar Fernández envíanos algunha imaxe.
No noso club de lectura "As catro esquinas do Quinto" non podíamos agardar para comezar as celebracións polo día do libro! Por iso, invitamos á nosa biblioteca a Marilar Aleixandre, un dos referentes máis activos do panorama da literatura galega e Premio Nacional de Literatura 2022 co título Malas mulleres.
Co incentivo de achegar o oficio da escritura ao alumnado, Marilar explicou cal foi a súa traxectoria: de profesora e investigadora en Bioloxía a recoñecida escritora e académica da lingua. Para que logo digan que as humanidades e as ciencias son camiños enfrontados...
Despois da lectura de distintos textos narrativos e poéticos da autora, o alumnado e 3º de ESO tivo a oportunidade de participar nunha pequeña tertulia sobre a obra lida nesta avaliación: A cabeza de Medusa. Publicado por primeira vez en 2008, a novela segue a estar de actualidade, especialmente tras os últimos casos mediáticos de violencia sexual contra as mulleres. O noso alumnado puido formular distintas preguntas a Marilar sobre a importancia da documentación para a escritura, a repercusión da obra ou a importancia da denuncia social destas violencias.
Vémonos pronto, Marilar.
viernes, 12 de abril de 2024
Programa A Ponte: Encontro con María José Alonso Veloso
O Programa A Ponte da Universidade de Santiago de Compostela ofrece dende o curso 2003-2004 a posibilidade de contarmos nos centros de ensino con persoas investigadoras de diversos ámbitos. Nesta ocasión, o departamento de lingua castelá organizou un encontro con María José Alonso Veloso, doutora en Filoloxía Hispánica, profesora na USC e especialista en Literatura Española do século XVII.
A profesora Claudia Pérez envíanos un resumo desta actividade e algunha imaxe.
O luns 8 de abril recibimos a visita da profesora e investigadora María José Alonso Veloso a través do Programa A Ponte que busca conectar a realidade educativa do ensino secundario coa universidade.
Baixo o nome "Un siglo de Oro al margen: aproximación a la poesía escrita por mujeres", María José explicou aos grupos de 1º de bacharelato como o contexto histórico e cultural do século XVII en España foi un gran caldo de cultivo para o xurdimento de escritoras. Factores como o incremento do número de certames literarios, a taxa de alfabetización da poboación ou a proliferación de mecenas influíron positivamente na creación feminina.
O alumnado leu e comentou textos de autoras como María de Zayas, Ana Caro ou Cristobalina Fernández de Alarcón, reflexionando sobre a importancia do traballo de investigación e documentación da filoloxía para sacar á luz aqueles espazos da nosa historia que aínda quedan na penumbra.
martes, 5 de marzo de 2024
Paleontoloxía: encontro con Adán Pérez
O IES Ferro Couselo incorporouse no curso 2023-2024 ao programa Aulas de Divulgación da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), programa no que participan tamén outros centros educativos da cidade. As actividades propostas abarcan varios aspectos da ciencia e consisten en conferencias e obradoiros prácticos dirixidos a estudantes de ESO e bacharelato.
Na primeira actividade deste curso, o alumnado de 4º de ESO asistiu á charla Paleontoloxía: conceptos e métodos da man do investigador doutor Adán Pérez García, paleontólogo da Facultade de Ciencias da UNED. Neste enlace podemos ler a extensa crónica que publica na súa páxina web o Centro Asociado UNED Ourense.
Acompañou e presentou ao ponente o director deste centro, Jesús Manuel García Díaz, que uns días máis tarde visitou de novo o noso instituto para conversar co alumnado de 2º de bacharelato sobre as posibilidades educativas que ofrece a UNED, a forma de acceso, o método de estudio, etc. Aquí podemos acceder a máis información sobre esta actividade.
![]() |
| Imaxes do encontro con Adán Pérez o pasado 20 de febreiro |
![]() |
| Charla con Jesús García o pasado 28 de febreiro |
lunes, 18 de diciembre de 2023
Encontro con Mónica Rodríguez
![]() |
| Imaxe de nevandopalabras.blogspot.com/ |
Podedes ler aquí o primeiro capítulo da obra.
lunes, 27 de noviembre de 2023
Roteiro e tertulia literaria en Allariz: encontro con Alba Guzmán
![]() |
| Imaxes propias do roteiro pola vila de Allariz |
![]() |
| Imaxe da tertulia obtida de www.universidadelaboral.com/ |
![]() |
| Alba Guzmán. Imaxe de Ogalego.gal |
viernes, 17 de noviembre de 2023
Encontro con Alba Cid
Unha vez máis traemos á BiblioFerro unha actividade do club de lectura As catro esquinas do quinto. Foi o pasado luns 6 de novembro cando o alumnado tivo ocasión de participar nun obradoiro de escritura con Alba Cid, ex-alumna do noso instituto.
A profesora Claudia envíanos este resumo da xornada:
Sempre fai ilusión voltar ao lugares que nos viron medrar.
Na tarde do luns visitóunos Alba Cid, poeta galardoada co Premio Joven Miguel Hernández 2020 e autora de distintos poemarios e publicacións como Atlas ou A faia de Ponto. Desta última plaquette deixounos un exemplar de agasallo para a nosa biblioteca e contounos que a borrasca Ciarán tronzou a árbore que dá título á historia do rei Ponto.
O alumnado de 1º e 2º de ESO puido desfrutar da súa visita e achegarse á súa obra, escribir os seus propios poemas e xogar coas palabras. Nada mellor para unha tarde de chuvia!
A continuación as imaxes do encontro e a dedicatoria que con moito agarimo nos deixou Alba. Moitas grazas.
martes, 14 de noviembre de 2023
Encontro con Rosa Huertas
Este mes de novembro está sendo moi intenso en canto a actividades. Esta vez falaremos do primeiro encontro literario do curso: todo un éxito! A el fai tamén referencia o instituto veciño IES Universidade Laboral.
A profesora Claudia de lingua castelá resume así a actividade realizada o pasado luns 6 de novembro:
Onte visitamos o IES Universidade Laboral para coñecer en persoa a Rosa Huertas. Foi unha mañá moi interesante na que o alumnado do noso club de lectura, As catro esquinas do Quinto de 3º de ESO, puido escoitar á escritora e facerlle preguntas sobre un dos seus libros: Un balcón a la libertad.
Aprendemos moito sobre a importancia da memoria histórica e de lembrar quen fomos para saber quen queremos ser. Ademais, descubrimos con gran ilusión que coñecemos outras obras da autora e puidemos marchar cos nosos exemplares firmados.
Grazas a Rosa e á Laboral por acollernos tan ben.
A continuación a reportaxe fotográfica do encontro.


























