martes, 12 de septiembre de 2023

Mensaxe de benvida

Recibe a nosa benvida ao blogue da biblioteca do IES Ferro Couselo de Ourense. Este espazo servirá para compartir as actividades que realizamos cada curso (obradoiros, concursos, encontros literarios, etc) e tamén para ofrecervos lecturas recomendadas de diversos ámbitos. 

Daremos conta tamén dalgunhas novidades do noso fondo bibliográfico e da marcha dos clubes de lectura.
Ilustración de Adriana de la Torre ( curso 2021/2022)