O Día do Libro celébrase cada 23 de abril co obxectivo de fomentar a lectura e recoñecer a importancia dos libros como ferramenta de aprendizaxe. Nesta entrada explicabamos cal é a orixe desta celebración, vencellada a Miguel de Cervantes e a William Shakespeare.
Este ano decidimos conmemorar esta data organizando un mercado solidario de libros durante a semana do 22 ao 25 de abril. A proposta é sinxela: doar un libro en bo estado que xa leches e destrutaches e poñerlle un prezo ou o alimento polo que o cambiarías.
Podes deixar os teus libros ata o 11 de abril en conserxería. Lembra que non recolleremos enciclopedias. Coas doazóns de toda a comunidade educativa montaremos unha pequena librería na planta baixa na que poderás adquirir a un prezo xusto libros de segunda man. O recaudado irá destinado ao Banco de Alimentos de Ourense.
Precisamos da vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario