A semana do 10 ao 14 de marzo conmemoramos no instituto o Día Internacional de Muller, unha xornada para sensibilizar á sociedade e potenciar a igualdade real de xénero.
Varias profesoras decoraron mandís con versos de O noso canto, unha obra musical que resulta da unión de dúas cancións Latexo e Aperta interpretadas por artistas galegas consolidadas e emerxentes.
Velaquí o resultado desta proposta:
O venres 14 de marzo o Departamento de Educación Física organizou a actividade As Meigas do Ferro, dirixida ao alumnado de 1º e de 2º de ESO e na que tiñan que superar unha serie de retos motrices. Aquí podedes acceder a máis información sobre esta fantástica actividade. Pinchando na imaxe inferior accededes ao video-resumo da xornada.
Parabéns polo traballo realizado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario