O 23 de abril é xa unha data clásica no mundo da literatura. Tal día coma hoxe de 1616 falecían Miguel de Cervantes e William Shakespeare, motivo polo que a Unión Internacional de Autores propuxo esta data para celebrar o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. A Conferencia Xeral da UNESCO de novembro de 1996 aprobou oficialmente esta proposta e dende entón réndeselle este día unha homenaxe ao libro e á lectura a nivel internacional.
En España a orixe desta conmemoración remóntase a principios do século XX grazas á proposta do escritor valenciano Vicente Clavel en 1926. Esta iniciativa plasmouse finalmente nun Real Decreto (26/02/1926). As primeiras edicións tiveron lugar o 7 de outubro. É a partires de 1930 cando as celebracións se trasladan ao 23 de abril.
Na actualidade a lectura en formato dixital está adiantando á lectura tradicional en papel. A isto engádese o cada vez máis estendido uso dos audiolibros. Desfrutar da lectura en calquera instante e en calquera formato contribúe a enriquecernos cultural e socialmente, a abrir a nosa mente e a converternos en cidadáns críticos.
No noso instituto, como cada curso, sumámonos a esta iniciativa internacional con varias actividades das que deixamos aquí algunha imaxe.
Alumnado preparando a actividade: Recomendacións a cegas |
Selección de lecturas recomendadas do noso fondo bibliográfico a partir dunha breve recensión |
BookFace para o Día do Libro |
Ruta turística El Quijote Traballo realizado polo alumnado de 2º de bach. |
Alumnado do Club de Lectura de 4º de ESO e 1º bach visitando a Ínsua dos poetas no Carballiño |
No hay comentarios:
Publicar un comentario