Un ano máis conmemoramos no instituto a festividade do Entroido, unha tradición moi arraigada na nosa provincia.
A gran participación do alumnado no concurso de disfraces e coreografías do pasado venres 28 de febreiro deu para moito. Dúas horas estivemos bailando e desfrutando do espectáculo. Neste enlace atoparedes imaxes e videos das actuacións.
A clase gañadora foi 1º de bacharelato A, que se axustou á perfección ás bases do concurso. A profesora Begoña executou maxistralmente o papel que lle foi encomendado.
![]() |
Comparsa de 1º de bacharelato A. |
![]() |
Profesores de varios departamentos con disfraces relacionados co mundo da música |
Nos corredores do 1º andar, grazas á proposta do Equipo de Normalización Lingüística, aínda podemos visitar estes días unha mostra dos traballos realizados polo alumnado: máscaras do Entroido ourensán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario