miércoles, 23 de septiembre de 2026

Mamma Mia! chega ao Auditorio de Ourense

Onte, 22 de setembro, o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de asistir no Auditorio de Ourense á representación do musical Mamma Mia!, a cargo do alumnado do IES Taboada Chivite de Verín. 

A actividade, proposta polo Equipo de Dinamización Lingüísitca, permitiunos desfrutar dun espectáculo que utiliza como fío condutor as cancións do grupo sueco ABBA.

Dende a BiblioFerro queremos destacar o gran traballo realizado polo alumnado e profesorado do Taboada, froito de moitas horas de dedicación é ensaios.

Para que vos adentredes neste xénero, velaquí unha selección dos 60 mellores musicais da historia do cine. 

Imaxes do evento por cortesía de Carme Pérez


miércoles, 16 de septiembre de 2026

Benvida a un novo curso na BiblioFerro

Co comezo dun novo curso, a Biblioteca do IES Ferro Couselo retoma a súa actividade e abre de novo as súas portas a toda a comunidade educativa. Trátase dun espazo destinado non só á lectura e ao préstamo de libros, senón tamén á consulta de materiais, ao estudo e ao desenvolvemento de diferentes actividades. 

Permanecerá aberta para o alumnado de luns a venres durante o tempo de lecer de 11:00 a 11:40 con acceso pola porta do patio traseiro. O profesorado tamén poderá dispoñer deste espazo durante o horario lectivo, previa consulta da súa dispoñibilidade. 

Ao longo do curso desenvolveranse distintas iniciativas nas que o alumnado pode participar. Entre elas atópase o Programa de Voluntariado nas Bibliotecas Escolares (as persoas interesadas poden anotarse na propia biblioteca) e a colaboración no mercado solidario de libros.

O papel da lectura compartida e o debate terá un papel destacado, pois as sesións do club As catro esquinas do Quinto realízanse normalmente no noso recanto dedicado á lectura libre.

Lembrade que a biblioteca conta cun fondo variado para o préstamo de libros, no que se poden atopar exemplares de diferentes xéneros. Destacan as seccións específicas de banda deseñada e de divulgación científica.

Agardamos que este novo curso a BiblioFerro continúe a ser un espazo de encontro, aprendizaxe e participación. Animamos especialmente ao profesorado e alumnado novo no centro a facer usos dos seus recursos e a propoñer e participar en diversas actividades.