O escritor e sociolingüista Manuel Núñez Singala visitou o noso centro para charlar co alumnado de 1º de bacharelato sobre a situación actual da nosa lingua.
Conta cunha ampla traxectoria na promoción da lingua e a literatura galega, en gran parte vinculada ao seu traballo como director do Servizo de Normalización Lingüísitica da Universidade de Compostela.
Como escritor, destacan obras como Instrucións para tomar café, Atraco no banco, Comedia bífida e O achado do castro.
Durante o encontro reflexionamos sombre os retos do galego na sociedade actual e sobre a importancia de impulsar o seu uso e valoralo como unha oportunidade persoal, cultural e profesional.
A actividade estivo organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro.
![]() |
| Algúns títulos do fondo bibliográfico da nosa biblioteca. |






