miércoles, 26 de marzo de 2025

8M, Día da Muller

A semana do 10 ao 14 de marzo conmemoramos no instituto o Día Internacional de Muller, unha xornada para sensibilizar á sociedade e potenciar a igualdade real de xénero. 

Varias profesoras decoraron mandís con versos de O noso canto, unha obra musical que resulta da unión de dúas cancións Latexo e Aperta interpretadas por artistas galegas consolidadas e emerxentes. 

Velaquí o resultado desta proposta:


O venres 14 de marzo o Departamento de Educación Física organizou a actividade As Meigas do Ferro, dirixida ao alumnado de 1º e de 2º de ESO e na que tiñan que superar unha serie de retos motrices. Aquí podedes acceder a máis información sobre esta fantástica actividade. Pinchando na imaxe inferior accededes ao video-resumo da xornada.

Parabéns polo traballo realizado.



martes, 25 de marzo de 2025

Mercado solidario

O Día do Libro celébrase cada 23 de abril co obxectivo de fomentar a lectura e recoñecer a importancia dos libros como ferramenta de aprendizaxe. Nesta entrada explicabamos cal é a orixe desta celebración, vencellada a Miguel de Cervantes e a William Shakespeare.

Este ano decidimos conmemorar esta data organizando un mercado solidario de libros durante a semana do 22 ao 25 de abril. A proposta é sinxela: doar un libro en bo estado que xa leches e destrutaches e poñerlle un prezo ou o alimento polo que o cambiarías.

Podes deixar os teus libros ata o 11 de abril en conserxería. Lembra que non recolleremos enciclopedias. Coas doazóns de toda a comunidade educativa montaremos unha pequena librería na planta baixa na que poderás adquirir a un prezo xusto libros de segunda man. O recaudado irá destinado ao Banco de Alimentos de Ourense.  

Precisamos da vosa colaboración.

lunes, 24 de marzo de 2025

O Entroido no Ferro

Un ano máis conmemoramos no instituto a festividade do Entroido, unha tradición moi arraigada na nosa provincia. 

A gran participación do alumnado no concurso de disfraces e coreografías do pasado venres 28 de febreiro deu para moito. Dúas horas estivemos bailando e desfrutando do espectáculo. Neste enlace atoparedes imaxes e videos das actuacións. 

A clase gañadora foi 1º de bacharelato A, que se axustou á perfección ás bases do concurso. A profesora Begoña executou maxistralmente o papel que lle foi encomendado.

Comparsa de 1º de bacharelato A.

Profesores de varios departamentos
con disfraces relacionados co mundo da música

Nos corredores do 1º andar, grazas á proposta do Equipo de Normalización Lingüística, aínda podemos visitar estes días unha mostra dos traballos realizados polo alumnado: máscaras do Entroido ourensán.