En novembro celébrase o Mes da Ciencia, unha boa oportunidade para achegar as disciplinas científicas á cidadanía, poñendo en valor o labor dos investigadores e fomentando a curiosidade e o pensamento crítico en todas as idades.
A elección deste mes non é casual. Cada 15 de novembro conmemórase a festa de San Alberto Magno, patrón dos científicos e das facultades de ciencias. Foi un filósofo, teólogo e científico do século XIII que destacou pola súa capacidade para unir a fe e a razón, e polo seu interese en múltiples disciplinas como a bioloxía, a astronomía, a xeografía e a alquimia.
Dende este mundo vello e cansocontémplovos, altas estrelas;flores máxicas, abertasno gran prado da noite;soños perdidos no espacio,irmaos dos soños meus,dos meus anceios.Escríbovos en verso coa esperanzade que chegue a vós a miña voz:un chío a penas perceptíbel.
Nestas datas de outono, e con motivo do Mes da Ciencia, institucións, bibliotecas e centros educativos de todo o país organizan diversas actividades de corte científico. No noso instituto os departamentos de ciencias, como cada curso, tamén se suman a esta iniciativa, nesta ocasión con seis propostas que vos resumimos a continuación.
Esta semana tivo lugar na biblioteca a primeira xuntanza do Club de Lectura de Ciencias que organiza o Dpto. de Física e Química. Falamos da Estación Espacial Internacional, dos aditivos alimentarios, do rendemento físico dos deportistas e das pseudociencias.
Imaxe de UVigo |
Imaxe da actividade do curso pasado |
E como peche das actividades do Mes da Ciencia, o alumnado da materia de Proxecto Competencial de 2º de ESO visitará o Parque Botánico de Montealegre. Como complemento ao traballo que os estudantes están a realizar na clase arredor dos Espazos Naturais, participarán na actividade Bosque, unha das propostas dos Programas Educativos do Concello de Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario