martes, 14 de octubre de 2025

Ciencia sen mitos: explorando o pensamento crítico

Neste curso 2025-2026 continuamos co Club de lectura de divulgación científica dirixido ao alumnado de 4º de ESO. Nas nosas xuntanzas trataremos de desmontar falsas crenzas e de comprender o que nos rodea a través da ciencia.

Escollemos o título ¡Que se le van las vitaminas! (Ed. Paidós, 2018) de Deborah García Bello, un compendio de artigos perfectamente documentados que nos axudarán a analizar distintos mitos presentes na nosa sociedade: desde crenzas sobre a saúde e a alimentación ata tópicos sobre a cosmética ou sobre o medio ambiente. 

Cada lectura será o punto de partida para debater, contrastar información e poñer en práctica o pensamento crítico. A intención non é só descubrir certas ideas preconcebidas na nosa sociedade, senón tamén comprender por que se crean tales ideas e como o coñecemento científico nos axuda a rebatelas e a ser máis libres e conscientes do mundo no que vivimos.

Varios exemplares do noso fondo bibliográfico.
Aquí podedes ler un fragmento.


No hay comentarios:

Publicar un comentario