viernes, 20 de diciembre de 2024

Xuntanza de Nadal do club de lectura de ciencias

Hoxe tivemos unha nova reunión do club de lectura de ciencias, a última antes do merecido descanso de Nadal.

Seguimos conversando arredor da obra Un científico en el supermercado. Desta vez falamos da ciencia que hai detrás do tenis. O material do que está feita a roupa deportiva, a tensión da cordaxe das raquetas, o ollo de falcón ou a composición da terra da pista central de Roland Garros teñen moito que ver coa ciencia. Falar destes temas axudounos a apreciar como a ciencia e a tecnoloxía inflúe na evolución deste deporte.

Tamén coñecemos as chamadas ciencias 'ómicas' como a xenónima, a proteómica ou a epigenómica, todas elas relacionadas coa bioloxía molecular e a xenética e para as que as matemáticas e a informática son ferramentas indispensables. O autor presenta estas ciencias ao tempo que nos introduce e varias tradicións culturais do noso país como a celebración da noite de San Xoán, as procesións de Semanta Santa ou os castells. Aprendemos que as sales de diversos metais danlle cor aos fogos de artificio, que os raios X ademais de empregrarse no campo da medicina poden usarse nos procesos de restauración de obras de arte, e que unha torre humana non se derrumba grazas a que hai equilibrio de forzas.  

Con esta xuntanza pechamos as actividades da BiblioFerro ata o 2025.

Alumnos e alumnas de 4º ESO A


No hay comentarios:

Publicar un comentario