En 2015 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas escolleu o 11 de febreiro como o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Dende entón e cada ano os colexios, institutos, universidades e centros de investigación organizan actividades para resaltar o papel da muller na ciencia e para fomentar as ensinanzas STEM entre as mozas.
No noso instituto, para conmemorar este día, o alumnado de 1º e 2º de ESO colorearon nas clases de bioloxía e de física e química as ilustracións de Pelopantón, imaxes de diversas mulleres científicas de todos os ámbitos da ciencia.
O resultado deste traballo recóllese nos carteis que estes días decoran as escaleiras do 1º e do 2º andar.
Durante toda a semana programáronse varias conferencias sobre ciencia. A primeira delas correu a cargo de Ignacio Pérez Juste, Doutor en Química e Profesor Titular na Universidade de Vigo. Na súa intervención, dirixida ao alumnado de física e química de 4º de ESO, falou da relación entre Química e Cine. Tras un percorrido pola historia da fotografía e da séptima arte, mostrounos fragmentos de varias películas do cine clásico como Casablanca, Dr. Jekill e Mr, Hyde, Cinema Paradiso ou A ponte sobre o río Kwai para falarnos de química.
O pasado 12 de febreiro, no salón de actos, o alumnado de 2º e de 3º de ESO tivo a oportunidade de achegarse ás matemáticas dunha forma lúdica grazas a charla Gañar, gañar e volver a gañar de Eduardo Sáenz de Cabezón, matemático, profesor universitario, investigador e recoñecido divulgador científico. Presenta o programa de TVE2 Órbita Laika e mantén activa a exitosa canle de YouTube Derivando.
Na xornada do venres 14 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO participou no obradoiro Matemáticas e Mulleres: de como Dido fixo grande a Cartago impartido por Elvira Hernández e Esther Gil, profesoras e investigadoras no ámbito das matemáticas na UNED.
![]() |
Imaxes do encontro con Sáenz de Cabezón o pasado 12 de febreiro |
Na xornada do venres 14 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO participou no obradoiro Matemáticas e Mulleres: de como Dido fixo grande a Cartago impartido por Elvira Hernández e Esther Gil, profesoras e investigadoras no ámbito das matemáticas na UNED.
![]() |
Imaxes do obradoiro da UNED do pasado 14 de febreiro |
Dende a biblioteca propoñemos para este mes de febreiro esta pequena selección de lecturas do noso fondo biblográfico.
![]() |
Algunhas lecturas propostas |
No hay comentarios:
Publicar un comentario