No marco do Proxecto CPInnova EduSaúde, no que participa o noso instituto grazas á implicación do profesor Iago Saco, o departamento de Educación Física organizou o pasado luns 18 de marzo unha xornada lúdico-deportiva na estación de montaña de Manzaneda. Neste enlace podedes ampliar información sobre esta e outras actividades que se están realizando.
Na BiblioFerro seguimos reorganizando e ampliando o noso fondo bibliográfico. Dende o curso pasado tratamos de darlle visibilidade ás seccións de Banda Deseñada e de Ciencias. Nelas contamos con algún título arredor do deporte e dos hábitos saudables, aspectos clave que se están a desenvolver neste proxecto.
Velquí as nosas propostas para esta semana: Big in Japan de L. F. Campuzano, cómic que rememora os éxitos do baloncesto español e Comer sin miedo de J. M. Mulet, obra de divulgación que ofrece unha análise científica e documentada da realidade dos alimentos que consumimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario