No marco das actividades da Semana da saúde dentro do Proxecto Innova EduSaúde, o alumnado de 4º de ESO asistiu na bibliotexa á charla "Alimentación e TCA" ofrecida polo Concello de Ourense grazas ao Programa Vixía.
A ponente, Gemma Cortés Contreras, explicou a diferenza entre nutrición e dixestión, resaltou cales son os diferentes macronutrientes e micronutrientes dos alimentos e destacou tamén que seguir a dieta mediterránea axuda a previr moitas enfermidades.
A continuación falou dos trastornos da conducta alimentaria, a terceira causa de enfermidade crónica en adolescentes. Aínda que este tipo de trastornos son máis frecuentes en mulleres, afectan tamén á poboación masculina e están causados por unha combinación de varios factores, polo que o seu tratamento é bastante complexo.
A continuación algunha foto do encontro:
Tamén estes días podemos visitar nos corredores do instituto varias exposicións das que deixamos aquí unha selección de imaxes. Podedes ampliar información no blog do proxecto.
![]() |
Exposición Las moléculas que comemos (CSIC) |
![]() |
Exposición O azucre que bebes (2º ESO) |
![]() |
Exposición MasterChef saudable (1º bacharelato) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario