O pasado martes 21 de novembro o alumnado de Oratoria de 4º de ESO e de Literatura Universal de 1º de bacharelato, acompañado polas profesoras de lingua castelá Claudia e Rita, participou nas tertulias literarias de Allariz xunto con mozos e mozas doutros centros educativos da provincia de Ourense.
A xornada comezou pola mañá cun roteiro pola vila a cargo da profesora Ángeles Álvarez. Neste paseo a guía relacionou distintos puntos de interese co problema da violencia machista, contra a que debemos loitar non só esta semana, senón todo o ano.
Despois de xantar, unha das nosas alumnas, María M., formou parte do equipo que entrevistou en Radio Allariz a Alba Guzmán, autora da novela Xoaniña de Deus, que gañou o premio Xuventude Crea 2021.
A xornada rematou cunha tertulia literaria moi inspiradora coa autora, que asinou libros aos participantes.
Imaxes propias do roteiro pola vila de Allariz |
Imaxe da tertulia obtida de www.universidadelaboral.com/ |
Alba Guzmán. Imaxe de Ogalego.gal |
No hay comentarios:
Publicar un comentario