Moito nos gusta que a BiblioFerro vaia cobrando vida!
Onte inauguramos "oficialmente" o novo mobiliario, mesas moito máis funcionais cás anteriores e que nos permiten facer comodamente traballos grupais.
Desta vez tocou a actividade Escape Room contra a violencia de xénero: rexeita o maltrato organizada polo Concello de Ourense e dinamizada polas xentes de Territorio Comanche.
Moitas grazas ao concello e parabéns aos dinamizadores e tamén á nosa rapazada de 3º de ESO pola súa implicación nas probas propostas. Foi todo un éxito!
A continuación unhas imaxes da xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario