O pasado xoves 9 de novembro un grupo de 48 alumnos de 4º ESO visitou a comarca de Verín. O profesor de historia, Óscar Vilas, envíanos estas liñas resumindo as actividades realizadas.
Como xa ben sendo tradicional no Ferro Couselo, o Departamento de Xeografía e Historia participa no programa da
Deputación Provincial "Coñece Ourense".
En cursos anteriores visitamos a Ribeira Sacra, as terras de Ribadavia e as bisbarras de Celanova e Bande. Neste curso os profesores Óscar Vilas e
Iago Saco partimos co alumnado de 4º de ESO cara Verín para coñecer de primeira man e amosarlles do xeito máis lúdico e interesante posible,
mostras do patrimonio material histórico artístico da zona, como o conxunto do Castelo de Monterrei, as rúas e
prazas da vila, a igrexa de Santa María a Maior ou a igrexa de Santa María de Gracia de Monterrei.
Visitamos tamén o balneario de Caldeliñas, actualmente abandonado pero con un interesante valor histórico, e as actuais
factorías de Sousas e de Cabreiroá. Nesta última agradecemos a interesante visita guiada que nos ofreceu un traballador cualificado da empresa.
Cómpre salientar o bo comportamento xeral do alumnado, así como o alto interese e participación nos xogos e na xincana polas rúas da vila de Verín.
Os obxectivos marcados para esta saída didáctica cumpríronse de xeito destacado.
A continuación as imaxes do día. Nunha delas aparece o nome de Ramón y Cajal quen fixo uso do manancial de Cabreiroá. Nunha carta que el mesmo enviou ao responsable da instalación en 1909 recoñece que "gracias a las virtudes del manantial de Cabreiroá del cual hago uso constante desde hace más de un año he recobrado la salud".
Aproveitamos así esta ocasión para lembrar a Santiago Ramón y Cajal e para recomendar este libro, que nos achega de forma lúdica e sinxela á figura do que foi premio Nobel de medicina en 1906 polo seu traballo sobre a estrutura do sistema nervioso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario