Este mes de novembro está sendo moi intenso en canto a actividades. Esta vez falaremos do primeiro encontro literario do curso: todo un éxito! A el fai tamén referencia o instituto veciño IES Universidade Laboral.
A profesora Claudia de lingua castelá resume así a actividade realizada o pasado luns 6 de novembro:
Onte visitamos o IES Universidade Laboral para coñecer en persoa a Rosa Huertas. Foi unha mañá moi interesante na que o alumnado do noso club de lectura, As catro esquinas do Quinto de 3º de ESO, puido escoitar á escritora e facerlle preguntas sobre un dos seus libros: Un balcón a la libertad.
Aprendemos moito sobre a importancia da memoria histórica e de lembrar quen fomos para saber quen queremos ser. Ademais, descubrimos con gran ilusión que coñecemos outras obras da autora e puidemos marchar cos nosos exemplares firmados.
Grazas a Rosa e á Laboral por acollernos tan ben.
A continuación a reportaxe fotográfica do encontro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario