En entradas anteriores do blog da BiblioFerro contámosvos algunhas das actividades que realizamos no marco do proxecto Un Camino de Santiago lleno de vida: cultura, ecología y naturaleza financiado polo Ministerio de Educación durante o bienio 2022-2024 e coordinado pola profesora Ana Mª López Cruz.
Na rede social X tamén fomos deixando pequenas pílulas do traballo realizado por un grupo de alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO guiados por profesorado de varios departamentos.
Neste último trimestre pechamos esta peregrinaxe cultural recibindo, a semana do 20 ao 24 de maio, a alumnos e profesores dos tres centros que participaron con nós nesta aventura: IES Tomás de Iriarte (Sta. Cruz de Tenerife), IES Felipe II (Mazarrón) e IES Aurantia (Benahadux).
Aquí podedes acceder ao resumo das actividades realizadas nesta última movilidade e a continuación mostrávosvos tamén algunha imaxe.
Na exposición que podedes visitar nos corredores do primeiro andar recóllese unha mostra dos obradoiros, visitas didácticas e traballos de investigación realizados no noso centro nestes dous últimos cursos.
Parabéns ao alumnado, familias e profesorado pola implicación neste proxecto.
Martes 20 de maio: actividades náuticas, concerto con instrumentos medievais e charla sobre astronomía con Dosi Veiga en Castrelo de Miño |
21 e 22 de maio: visita a Santiago de Compostela, Muxía e Fisterra |
Venres 22 de maio: despedida |
Introdución á exposición: O Camiño Mozárabe. Vía da Prata |
Perfil topográfico das catro etapas traballadas en Galicia (patrimonio cultural, natural e histórico) |
Astronomía no Camiño: observación astronómica, exposición AstrónomAs e maquetas |
Observar e tocar constelacións |
Lembrando as viaxes a Tenerife, Murcia e Almería |
No hay comentarios:
Publicar un comentario