O Día das Letras Galegas celébrase dende 1963. Cada 17 de maio réndeselle homenaxe a algún autor ou autora que destaque pola súa produción literaria en lingua galega.
En 2024 a Real Academia Galega decidiu dedicarlle este día a Luísa Villalta, escritora, filóloga, profesora e violinista nacida en A Coruña, que conta cunha variada obra en lingua galega en diversos xéneros: poesía, teatro, narrativa de ficción e ensaio. É a sexta muller en recibir este recoñecemeno. Antes as escollidas foron Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021).
Este curso o Equipo de Normalización Lingúistica en colaboración co Dpto. de Plástica montou unha exposición no instituto sobre a obra de Luísa, coa que se quixo destacar a súa faceta musical. Diversas ilustracións de instrumentos musicais realizadas polo alumnado locen nos paneis do vestíbulo do instituto.
Tamén se convocou o concurso de fotografía Flora e Fauna, no que resultaron premiados os traballos de Christian García (2º ESO A), Pablo Estévez (1º bach A), Rebeca dos Santos (2º ESO A) e Leire Diéguez (2º ESO A).
A mostra dedicada ás nosas letras completouse cos carteis realizados polo CIFP Carballeira froito do concurso organizado pola Consellería de Cultura.
A parte musical correu a cargo de Amelia Domínguez, Hugo Quiroga e María Fernández de 3º ESO, que ofreceron o pasado 15 de maio un pequeno concerto durante o tempo de lecer.
Parebéns a todos e a todas polo traballo realizado.
Velaquí unha breve reportaxe fotográfica da exposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario