Unha vez máis o alumnado do club de lectura acudiu a unha xuntanza no Centro Integral de Servicios Aixiña o pasado 22 de marzo. A profesora de lingua castelá, María Xosé Fernández, envíanos estas liñas.
O venres 22 de marzo, para celebrar as vacacións e a lectura, marchamos á nosa segunda casa: o CIS Aixiña. Desta volta o noso alumnado fixo entrega dun donativo de libros da nosa biblioteca para fomentar a lectura entre os usuarios e usuarias do centro de día de Aixiña.
Así mesmo, da man de Lalo e de Susana, fixemos un percorrido para descubrir todo o que se esconde baixo o teito deste centro de integración social. Foi unha verdadeira sorpresa descubrir os obradoiros de integración laboral que tanto traballo dan a persoas con discapacidade, as salas de rehabilitación, a residencia, as zonas de coidado de persoas maiores...
Dende logo Aixiña é un mundo de solidaridade e entrega aos demais. Alí coñecemos a Nerea, que nos abriu unha nova porta de colaboración co servizo de atención a persoas maiores. Sen dúbida, traspasaremos tamén esa porta coa literatura como chave. Aínda estamos pesando como, pero regresamos con moitas ganas de seguir colaborando.
A continuación mostramos algunhas imaxes da actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario