Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato participou o pasado 6 de marzo nunha saída cultural ao Auditorio de Ourense para asistir a representación teatral Insubmisas, dirixida por Marta Alonso e Pepe Domínguez.
Esta obra explora os límites da liberdade individual e cuestiona a posibilidade feminina nunha sociedade rexida e relatada por homes.
Nos corredores e na entrada do instituto o Equipo de Normalización Linguística preparou a exposición Somos un pobo de mulleres, da que podemos ver aquí unha mostra.
O departamento de Educación Física organizou o obradoiro de Introdución a técnicas de defensa persoal con Lorena Gómez e a exposición de deportistas femininas De niñas a leyendas.
A continuación mostrámosvos algunha imaxe. Podedes ampliar información premendo aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario