A Concellería de Educación do Concello de Ourense, dentro do programa educativo Coñece a túa cidade, ofrece a posibilidade de realizar co alumnado dos centros educativos a actividade A cidade medieval de Ourense.
Os rapaces e rapazas de 2º de ESO, xunto coas profesoras Eva, Carmen R., Elsa, Esther e Claudia, participaron neste interesante roteiro que Eva Álvarez, do departamento de Xeografía e Historia, resume nas seguintes liñas:
O pasado 7 de marzo o alumnado de 2º da ESO viaxou ata o Ourense da Idade Media para coñecer como eran
as cidades hai case mil anos. Partindo do Xardín do Posío, onde se atopaba unha das antigas portas das
murallas, percorremos diferentes rúas observando como eran as vivendas, descubrindo curiosidades da
vida cotiá, indagando que actividades comerciais se realizaban en cada unha das prazas, e teatralizando un
pacto que tivo lugar no século XV entre o gremio dos carniceiros e as autoridades da cidade, así coma un
xuízo onde un acusado de roubo foi considerado culpable.
Foi unha mañá moi entretida na que aprendemos quen gobernaba nas cidades e que papel tiñan os
burgueses, habitantes das antigas vilas, na vida urbana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario