O alumnado de física e química de 4º de ESO, acompañado dos profesores Rafael Nóvoa e Ana Reboiro, acudiu o pasado 30 de novembro á Aula Newton situada no Parque Tecnolóxico de Galicia para realizar a actividade Voando con números: unha aventura aérea.
Nesta actividade os estudantes recibiron unha misión do Centro Integrado de Atención a Emerxencias da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que consistiu en colaborar na observación de diversas ubicacións de Ourense e Pontevedra para axudar a establecer as prioridades dos rescates.
O alumnado tivo que facer uso da física e das matemáticas para elaborar un plan de voo co que manexar correctamente un simulador aéreo.
Medir distancias entre localidades, interpretar a escala dun mapa, estimar os tempos de voo e indicar o rumbo a seguir foron algunhas das tarefas que a tripulación tivo que realizar para completar de forma exitosa a misión.
Alumnado de 4º de ESO participando na misión. |
E xa que esta actividade foi de números, de física e de matemáticas a BiblioFerro recomenda El diablo de los números, un dos títulos do noso fondo bibliográfico da sección de ciencias e do que podedes ler o primeiro capítulo aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario