O alumnado de bioloxía e xeoloxía de 4º de ESO e de 1º de bacharelato realizou o pasado martes 6 de novembro un roteiro xeolóxico polos arredores de Ourense e por Parada de Sil.
A profesora Salud resume así o percorrido realizado:
No encoro de Cachamuíña fixemos un repaso da historia do planeta axudados pola corda do tempo xeolóxico. Dende os Balcóns de Madrid entendimos o canón do Sil traballado polo río en 70 000 anos, moi amodiño. E dende o alto do Rodicio fixémonos alfareiros das arxilas de Niñodaguia deixadas pola erosión dos relevos máis altos.
Co xeólogo Eduardo González Clavijo a paisaxe ten unha longa historia.
E a nosa recomendación de hoxe, ao fio deste interesante roteiro, é a obra de Nahúm Méndez Un geólogo en apuros (Paidós, 2019).
No hay comentarios:
Publicar un comentario