Polos soutos i-os curatos dos montes, mozos e vellos andan ledos e algareiros, enredor das fogueiras.Antre as moxenas, raben e escentilean as labaradas de fogo.Renxen e estoupan as castañas e ao ar vanse os áturuxos, os ala-lás i-as cantigas.
O Señor San Martiñoé un santo milagreiro,tróuxonos as castañas,pan e viño i-o pandeiro.
O Señor San Martiño, padrón sabido, estende oxe a sua capa fa-chada sobor do vello Ourense, que, agradescido, érguelle un afervoa-do e lanzal Magosto ao seu bó e leal padroeiro.
O historiador e investigador galego que dá nome ao noso centro daba conta así da esencia do Magosto de Ourense: festa, fogueiras, cantigas e castañas.
No noso particular Magosto, organizado o pasado 10 de novembro polo Dpto. de Educación Física en colaboración coa ANPA e o Equipo de Normalización Lingüística, non faltaron os chourizos, a música e a troula, moita troula.
Como actividade do proxecto CPInnova-Edusaúde, a rapazada xogou á chave, á billarda, ás carreiras de sacos, á corda, etc.
No blogue do proxecto o profesor Iago Saco fálanos desta xornada de convivencia e diversión. Nós deixamos aquí tan só unha pequena mostra fotográfica do día:
No hay comentarios:
Publicar un comentario