lunes, 31 de marzo de 2025

Reunións do club As Catro Esquinas do Quinto

O pasado martes 11 de marzo os integrantes de 4º de ESO do Club de Lectura de Ciencias xunto coa profesora Ana de física e química, reuníronse unha vez máis, a terceira deste curso, para conversar sobre Un científico en el supermercado de J.M López Nicolás

Tamén neste trimestre houbo xuntaza do Club de Lectura en galego coa profesora Carme arredor da obra de Eva Mejuto, Memoria do silencio


Alumnado de 4º ESO A e B 

E aproveitando que dentro duns días o noso IES participará nas Tertulias Literarias do Concello de Ourense, a rapazada de 4º de ESO tamén debateu sobre Indolente de Alberto Mancebo. 

Alumnado de 4º ESO A e B

O grupiño de alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO reuniuse para falar sobre O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas. Ademais, coas profesoras de Lingua Castelá están a preparar un podcast sobre Mentira, de Care Santos. 


Alumnado de 1º e 2º de ESO




miércoles, 26 de marzo de 2025

8M, Día da Muller

A semana do 10 ao 14 de marzo conmemoramos no instituto o Día Internacional de Muller, unha xornada para sensibilizar á sociedade e potenciar a igualdade real de xénero. 

Varias profesoras decoraron mandís con versos de O noso canto, unha obra musical que resulta da unión de dúas cancións Latexo e Aperta interpretadas por artistas galegas consolidadas e emerxentes. 

Velaquí o resultado desta proposta:


O venres 14 de marzo o Departamento de Educación Física organizou a actividade As Meigas do Ferro, dirixida ao alumnado de 1º e de 2º de ESO e na que tiñan que superar unha serie de retos motrices. Aquí podedes acceder a máis información sobre esta fantástica actividade. Pinchando na imaxe inferior accededes ao video-resumo da xornada.

Parabéns polo traballo realizado.



martes, 25 de marzo de 2025

Mercado solidario

O Día do Libro celébrase cada 23 de abril co obxectivo de fomentar a lectura e recoñecer a importancia dos libros como ferramenta de aprendizaxe. Nesta entrada explicabamos cal é a orixe desta celebración, vencellada a Miguel de Cervantes e a William Shakespeare.

Este ano decidimos conmemorar esta data organizando un mercado solidario de libros durante a semana do 22 ao 25 de abril. A proposta é sinxela: doar un libro en bo estado que xa leches e destrutaches e poñerlle un prezo ou o alimento polo que o cambiarías.

Podes deixar os teus libros ata o 11 de abril en conserxería. Lembra que non recolleremos enciclopedias. Coas doazóns de toda a comunidade educativa montaremos unha pequena librería na planta baixa na que poderás adquirir a un prezo xusto libros de segunda man. O recaudado irá destinado ao Banco de Alimentos de Ourense.  

Precisamos da vosa colaboración.