Un ano máis o noso instituto súmase á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data que nos invita a reflexionar e actuar fronte a todas as formas de violencia que sofren as mulleres na nosa sociedade.
O alumnado de 1º e 2º de ESO creou un mural colectivo coas pegadas das súas mans. Con esta actividade queremos representar de xeito simbólico a unión e o noso compromiso fronte á violencia de xénero.
![]() |
| Xuntemos as nosas mans: Actividade proposta por Vicedirección para realizar nas sesións de titoría. |
Dende o equipo de biblioteca propoñemos unha pequena selección de obras en galego e en castelán, todas elas procedentes do noso fondo bibliográfico, que tratan este tema. Agradecemos a orixinal aportación de Emma Valado El mujercidio en la literatura, un plano con "estacións" destacadas da literatura universal arredor da violencia de xénero.
![]() |
| Imaxes da exposición realizada coa colaboración do alumnado voluntario da biblioteca. |
O Equipo de Normalización Lingüística propuxo render unha pequena homenaxe ás mulleres asasinadas por violencia de xénero en 2025. Velaquí algunha imaxe da mostra na que colaboraron os grupos de 3º e 4º de ESO.
![]() |
| #AfférrateáNONviolencia |




No hay comentarios:
Publicar un comentario