O pasado luns 16 de decembro a profesora María Xosé Casas acompañou a un grupo de alumnos e alumnas á Asociación Aixiña, entidade coa que o noso centro colabora dende o curso pasado a través do club de lectura. Esta vez a xuntanza foi para achegarnos á boccia, deporte paralímpico dende 1984. María Xosé envianos unhas liñas e algunha foto da actividade.
O alumnado do club de lectura de 1º de bacharelato aprendeu a xogar á boccia grazas ás persoas usuarias do CIS Aixiña. José Manuel, Elena, Jose e Manolo ensináronnnos as regras básicas deste xogo que é o deporte olímpico que practican as persoas con parálise cerebral. Estámoslles moi agradecidas por abrirnos a este mundo que descoñeciamos. Pasámolo xenial e unha vez máis botamos abaixo moitas barreiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario