Un ano máis Videdirección organizou unha xornada lúdica para conmemorar a festividade do Entroido.
O pasado venres 9 de febreiro baixo a temática Profesores de película, algúns compañeiros animáronse a participar nunha coreografía grupal. Membros de A familia Adams, unha representación de cine mudo, os Minions, Cazapantasmas, Barbie, Cruella de Vil ou o neno Elliot da película ET estiveron representados nesta divertida actividade.
O alumnado, por aulas, participou no concurso de comparsas e coreografías, xa todo un clásico no Ferro. Desta vez o equipo gañador foi "Formulación" da aula de 4º ESO C. Disfrazados de membros de varias escuderías de Fórmula 1, chicos e chicas executaron diversos pasos de baile ao son de fragmentos de cancións actuais. A encargada de guiar e coordinar esta coreografía foi a alumna Fabiana Fuenmayor. Parabéns polo traballo realizado.
Por outra banda, o Equipo de Normalización Lingüística en colaboración co Dpto. de Plástica animou ao alumnado a decorar máscaras de Entroido. Velaquí temos unha mostra dos traballos realizados:
Máscaras premiadas: Verónica Mora, Alexandre de la Torre e Sofía Arce |
No hay comentarios:
Publicar un comentario