O alumnado de 2° de ESO participou o pasado 20 de decembro na actividade Navegando polo Universo da man de Íñigo de la Quadra-Salcedo.
No interior dun planetario móbil, unha cúpula semiesférica de cinco metros de diámetro que consta dun proxector de última xeración, realizamos unha viaxe a través do cosmos. Ademáis de contemplar a nosa galaxia, a Vía Láctea, puidemos observar a estrela polar, a Osa Maior, os movementos dos corpos do Sistema Solar, achegarnos á superficie do Sol e mesmo á cara oculta da Lúa.
Grandes figuras do mundo da ciencia e da astronomía, como Eratóstenes, Ptolomeo, Copérnico, Galileo ou Newton, tiveron tamén o seu protagonismo nesta fantástica sesión.
Rematamos así as actividades de 2023 do proxecto financiado polo Ministerio de Educación Agrupaciones de Centros Educativos: Un camino de Santiago lleno de vida.
O camiño das estrelas levaranos a Santiago de Compostela en maio de 2024. Nesta peregrinaxe cultural, que empezou en 2022, acompáñanos alumnado e profesorado de Tenerife (IES Tomás Iriarte), Murcia (IES Felipe II de Mazarrón) e Almería (IES Aurantia de Benahadux).
Velaquí unha breve reportaxe fotográfica da xornada e as lecturas que recomendamos dende a BiblioFerro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario