O luns 23 de outubro o alumnado do club de lectura de 1.º ESO participou nun obradoiro que se desenvolveu no descanso previo ás horas lectivas da tarde (15-16 horas).
A biblioteca converteuse nun lugar cheo de poesía no que recitamos, creamos e reflexionamos sobre a creación poética.
O alumnado descubriu que a poesía é ritmo e música con poemas de Nicolás Guillén, pero tamén que cousas tan simples coma unha cebola poden ser merecedoras dun poema e que, ás veces, se cambiamos unha soa palabra, o sentido da composición muda completamente. Mentres a choiva batía nos cristais... a rapazada fixo arte coas palabras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario