
![]() |
| Máscaras premiadas: Verónica Mora, Alexandre de la Torre e Sofía Arce |

![]() |
| Máscaras premiadas: Verónica Mora, Alexandre de la Torre e Sofía Arce |
A Consellería de Educación ven de publicar a resolución definitiva do programa Bibliotecas Escolares Solidarias convocado o 12 de decembro de 2023, programa que está integrado no Plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) de bibliotecas escolares.
A BiblioFerro acada este curso 2023/2024 o selo de "Biblioteca Escolar Solidaria" grazas á posta en marcha, un ano máis, do programa de voluntariado nos tempos de lecer. Nesta entrada do blog falabamos do grupiño de alumnos e alumnas que este curso colaboran con nós nas labores de catalogación e organización do noso fondo bibliográfico.
Lembramos tamén que o pasado 8 de xaneiro se publicou a resolución definitiva das axudas para o funcionamento dos Clubs de Lectura nos centros educativos. Un ano máis contamos cun apoio económico para desenvolver as actividades do club As catro esquinas do Quinto, do que forman parte alumnos e alumnas de todos os cursos de ESO e Bach.
A semana pasada as profesoras de lingua galega e de lingua castelá acudiron cun grupo de alumnos ao Liceo de Ourense para participar nas Tertulias Literarias, actividade organizada polo Concello de Ourense e na que participa dende hai varios cursos o IES Ferro Couselo xunto a outros centros educativos da provincia.
| Imaxe obtida de https://ourense.gal/es/saladeprensa |
As profesoras impulsoras desta actividade valoran moi positivamente a participación e a implicación do alumnado na mesma.
Mostramos aquí algunha imaxe das dúas sesións realizadas os pasados 24 e 25 de xaneiro pola tarde.
![]() |
| Primeira sesión: posta en común de experiencias arredor da obra (Sala de Tertulias do Liceo) |
![]() |
| Segunda sesión: encontro coa autora e sinatura de libros (Salón Nobre do Liceo) |