A semana pasada as profesoras de lingua galega e de lingua castelá acudiron cun grupo de alumnos ao Liceo de Ourense para participar nas Tertulias Literarias, actividade organizada polo Concello de Ourense e na que participa dende hai varios cursos o IES Ferro Couselo xunto a outros centros educativos da provincia.
Imaxe obtida de https://ourense.gal/es/saladeprensa |
Nesta ocasión a lectura escollida polo grupo de traballo do que forman parte 35 docentes foi As alumnas de Paula Carballeira, obra do xénero teatral pola que a autora recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.
As profesoras impulsoras desta actividade valoran moi positivamente a participación e a implicación do alumnado na mesma.
Mostramos aquí algunha imaxe das dúas sesións realizadas os pasados 24 e 25 de xaneiro pola tarde.
Primeira sesión: posta en común de experiencias arredor da obra (Sala de Tertulias do Liceo) |
Segunda sesión: encontro coa autora e sinatura de libros (Salón Nobre do Liceo) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario