Anxel Fole remataba así o seu relato Terra do Caurel, un dos quince que forman a obra A lus do candil, publicada en 1953:
As noites de inverno soio son boas pra os trasgos, pra as meigas, pra os lobos… E pra quen escoita contos de medo sentindo rombalo vento.
Meigas e outras criaturas terroríficas encheron as portas, corredores e aulas do noso centro para celebrar o Samaín. Velaquí unha breve reportaxe fotográfica e tamén a nosa proposta de lecturas para pasar unha noite de medo.
![]() |
Cabaza gañadora do concurso convocado polo EDNL. Verónica Sofía Paz. |
![]() |
Disfraces e decoración dos corredores. |
![]() |
Decoración de portas |
![]() |
Selección de historias terroríficas en varias linguas. |
![]() |
Sofía, Celtia e Clarisa foron as gañadoras do concurso de microrrelatos de medo e de carteis terroríficos organizado polo EDNL |
No hay comentarios:
Publicar un comentario