martes, 30 de septiembre de 2025

2025: Ano Castelao

Este 2025 celébrase o Ano Castelao, declarado así pola Xunta de Galicia co gallo do 75 aniversario do seu pasamento en Bos Aires. A iniciativa busca recoñecer a importancia de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura clave da cultura, arte, literatura e política galegas. 

Imaxe de www.castelao2025.gal

Castelao naceu en Rianxo en 1886. Foi médico de formación, mais destacou como escritor, debuxante, caricaturista e político galeguista. A súa vida estivo marcada polo compromiso coa súa terra, coa lingua galega e cos dereitos do pobo. No exilio en Arxentina publicou algunhas das súas obras máis coñecidas, entre elas o ensaio Sempre en Galiza (Bos Aires, 1944), considerado texto fundamental do galeguismo.

Ao longo de 2025 estanse a organizar en diversas institucións, museos e escolas actividades arredor da súa figura. No noso instituto sumámonos á conmemoración cunha exposición elaborada polo Departamento de Galego e que estes días se pode visitar na planta baixa. Dende a Biblioteca aportamos a esta mostra unha pequena selección de obras do noso fondo bibliográfico.

Velaquí algunha imaxe. 



jueves, 26 de junio de 2025

O Club de lectura despídese ata o próximo curso

Nestes últimos cursos no club As catro esquinas do Quinto compartimos moitas lecturas, emocións e reflexións, mais tamén organizamos actividades que nos fixeron vivir os libros máis aló das páxinas: encontros con autores, obradoiros creativos, debates e algunha saída especial.

Dende a biblioteca queremos amosar o noso agradecemento tanto ao alumnado como ao profesorado que impulsa estas actividades.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra visual dos momentos compartidos nesta recta final do curso.

Última xuntanza do Club o pasado 6 de xuño cos usuarios
de Aixiña arredor da obra La Trenza,  de Laetitia Colombani. 
Tras o debate houbo sesión de cine coa película baseada na novela.

Acudimos o pasado 13 de xuño á última sesión das Tertulias Literarias 
do Concello de Ourense. 
Debatemos arredor da obra 
 La mala costumbre , de Alana S. Portero


Como peche das actividades do Club visitamos o pasado 16 de xuño
 
o Complexo Cultural San Francisco.  A primeira parada foi 
a Biblioteca Pública Nós

Tamén o 16 de xuño visitamos o Claustro de  San Francisco
 e o Arquivo Histórico. Fixemos ademais un xogo de
pistas no Cemiterio Municipal

 






lunes, 2 de junio de 2025

Explorando a Ciencia dos Medicamentos

Este mes comezan no salón de actos as visitas á exposición Explorando a Ciencia dos Medicamentos, unha mostra froito do traballo realizado polo alumnado da materia de Proxecto Competencial de 3º de ESO baixo a coordinación do Dpto. de Física e Química. 

Nas escaleiras do primeiro andar tamén temos exposta a exposición Entre Moléculas, presentada polo CSIC en 2011 con motivo do Ano Internacional da Química e que se pode descargar para imprimir aquí

Velaquí o resumo do proxecto, algunha imaxe do alumnado de 3º ESO A presentando os traballos ao resto da clase e a lectura que propoñemos dende a biblioteca: Todo es cuestión de química (Ed. Paidós, 2016) de Deborah García Bello, Premio Prismas 2017 ao mellor libro de divulgación científica.

Portada da guía didáctica da mostra (elaboración propia)



SINOPSE

Todo es cuestión de química nos invita a observar el mundo con otros ojos para sorprendernos con las maravillas ocultas detrás de todo lo que nos rodea.
Descubre entre sus páginas desde qué son el átomo y la molécula, qué misterios encierra la tabla periódica y cómo se transforman las sustancias, hasta qué es realmente lo "natural" y lo "sintético", cómo funciona una pila, por qué se corta la mayonesa o por qué vemos en color. 
Acompañado de ilustraciones que nos ayudar a comprender mucho mejor las explicaciones, Todo es cuestión de química nos revela que nuestro entorno es todavía más fascinante de lo que aparenta a simple vista y que los experimentos más asombrosos ocurren en nuestra vida cotidiana.