viernes, 31 de enero de 2025
30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz
viernes, 20 de diciembre de 2024
Xuntanza de Nadal do club de lectura de ciencias
Hoxe tivemos unha nova reunión do club de lectura de ciencias, a última antes do merecido descanso de Nadal.
Seguimos conversando arredor da obra Un científico en el supermercado. Desta vez falamos da ciencia que hai detrás do tenis. O material do que está feita a roupa deportiva, a tensión da cordaxe das raquetas, o ollo de falcón ou a composición da terra da pista central de Roland Garros teñen moito que ver coa ciencia. Falar destes temas axudounos a apreciar como a ciencia e a tecnoloxía inflúe na evolución deste deporte.
Tamén coñecemos as chamadas ciencias 'ómicas' como a xenónima, a proteómica ou a epigenómica, todas elas relacionadas coa bioloxía molecular e a xenética e para as que as matemáticas e a informática son ferramentas indispensables. O autor presenta estas ciencias ao tempo que nos introduce e varias tradicións culturais do noso país como a celebración da noite de San Xoán, as procesións de Semanta Santa ou os castells. Aprendemos que as sales de diversos metais danlle cor aos fogos de artificio, que os raios X ademais de empregrarse no campo da medicina poden usarse nos procesos de restauración de obras de arte, e que unha torre humana non se derrumba grazas a que hai equilibrio de forzas.
Con esta xuntanza pechamos as actividades da BiblioFerro ata o 2025.
![]() |
| Alumnos e alumnas de 4º ESO A |
jueves, 19 de diciembre de 2024
O Nadal chegou ao Ferro
O Nadal chegou ao Ferro cheo de cor, imaxinación e tradición. Diversas actividades propostas por Vicedirección, Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística tiveron como resultado os deseños que podedes ver estes días nos corredores do centro e nas portas e paredes de clases e departamentos.
A continuación unha pequena selección de imaxes dos traballos realizados.
Parabéns a todos e a todas e Feliz Nadal.
![]() |
| Taboleiro "Aférrate ao galego" achegándonos á figura do Apalpador |
![]() |
| Concurso proposto polo EDNL |
![]() |
| Postais e árbores de Nadal realizados polo alumnado de ESO na materia de Francés |
![]() |
| Decoración de aulas e portas |
![]() |
| Decoración de aulas e portas. Algúns grupos participan no concurso proposto por Vicedirección. |
![]() |
| Decoración de portas dalgúns departamentos. |

.jpg)









