Durante a semana pasada o noso centro celebrou o Samaín cun amplo abano de actividades que combinaron creatividade e posta en valor das nosas tradicións. Na Biblioteca, nas portas de aulas e departamentos, nos corredores e no vestíbulo habitaron por uns días seres malignos, meigas, vasoiras terroríficas, pantasmas, cabazas, esqueletos e outras criaturas e obxectos arrepiantes.
O Equipo de Normalización Lingüística e o Departamento de Galego plantexaron varias actividades coas que afondar na cultura e literarura galegas: concurso de decoración de vasoiras "Varrendo o medo", estudo dos seres malignos da nosa tradición popular, ilustración de portadas de obras literarias galegas arredor do terror e do misterio e o xa tradicional xogo de pistas para descubrir ao asasino.
 |
Algunhas portas das aulas de ESO decoradas durante as sesións de titoría. |
.jpg) |
| Portas dalgúns departamentos |
 |
Seres Míticos Traballo realizado polo alumnado de 1º de ESO na materia de Lingua Galega |
 |
Literatura e medo. Ilustracións realizadas polo alumnado de 2º de ESO na materia de Lingua Galega |
O Departamento de Plástica destacou especialmente co seu magnífico traballo na aula. O alumnado de ESO traballou coas profesoras Rebeca González e Cristina Sabucedo distintas técnicas para elaborar ilustracións inspiradas no mundo da maxia e do terror. Con elas montouse unha galería de arte terrorífica.
 |
Vanitas. Naturezas Mortas. Traballo realizado polo alumnado de Expresión Artística de 4º de ESO
|
 |
Sangue e Ósos Traballo realizado polo alumnado de EPeV de 3º ESO |
 |
Mi monstruo. Actividade realizada polo alumnado de EPeV de 1º de ESO |
O alumnado do Club de lectura dos diferentes cursos tamén se achegou ao Samaín participando en varias actividades. Entre elas destaca a representación teatral do pasado luns 27 de outubro a cargo dos rapaces e rapazas da materia de Literatura Universal de 1º de bacharelato. Tras o traballo de investigación sobre contos populares galegos, lendas urbanas e relatos literarios, dirixido pola profesora Almudena Platero, adaptaron a teatro o relato El gato negro de Edgar Allan Poe. Da súa excelente posta en escena puideron desfrutar os integrantes do club de lectura de 1º de ESO.
Tamén en 2º de ESO o alumnado do club de lectura participou nunha actividade proposta pola profesora Emma Valado: un xogo de cartas arredor da obra Trece avisos: contos para ler pola noite de Paula Carballeira. Cada carta contiña unha ilustración relacionada con relatos do libro. Cada un dos tres equipos nos que se dividiu ao grupo escolleu unha carta e a partir dela, traballando de forma conxunta, o alumnado reescribiu o relato.
E rematamos as actividades do Samaín coa primeira xuntanza do club de lectura de 1º de bacharelato arredor da obra A ladroa da biblioteca de Meirás de Eva Mejuto, unha novela de intriga e misterio que rende homenaxe á historia galega e ao seu patrimonio cultural, actividade dirixida pola profesora Carme Pérez.