miércoles, 19 de febrero de 2025

O herbario de Rosalía

O "Herbario de Rosalía“ é unha exposición que vincula a literatura e a botánica froito dun proxecto de investigación realizado dende a Universidade de Santiago de Compostela . A mostra consta de 150 paneis con diversas plantas e flores que inspiraron gran parte da obra da poeta galega Rosalía de Castro. Esta exposición itinerante inaugurouse no Real Xardín Botánico de Madrid no 2022. O mesmo ano a Fundación Rosalía de Castro publicou o libro Nasín cando asplantas nasen. O herbario de Rosalía. 

Imaxe da portada do libro descargada de https://rosalia.gal/


Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía o próximo 23 de febreiro, o Equipo de Normalización lingüística propuxo mercar algún exemplar desta publicación para a nosa biblioteca. A partir del elaborou a exposición que estes días podedes ver no vestíbulo do centro.   

Velaquí algunha imaxe:







lunes, 17 de febrero de 2025

Mes de febreiro: encontros coa ciencia

En 2015 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas escolleu o 11 de febreiro como o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Dende entón e cada ano os colexios, institutos, universidades e centros de investigación organizan actividades para resaltar o papel da muller na ciencia e para fomentar as ensinanzas STEM entre as mozas. 

No noso instituto, para conmemorar este día, o alumnado de 1º e 2º de ESO colorearon nas clases de bioloxía e de física e química as ilustracións de Pelopantón, imaxes de diversas mulleres científicas de todos os ámbitos da ciencia. 

O resultado deste traballo recóllese nos carteis que estes días decoran as escaleiras do 1º e do 2º andar.


Durante toda a semana programáronse varias conferencias sobre ciencia. A primeira delas correu a cargo de Ignacio Pérez Juste, Doutor en Química e Profesor Titular na Universidade de Vigo. Na súa intervención, dirixida ao alumnado de física e química de 4º de ESO, falou da relación entre Química e Cine. Tras un percorrido pola historia da fotografía e da séptima arte, mostrounos fragmentos de varias películas do cine clásico como Casablanca, Dr. Jekill e Mr, Hyde, Cinema Paradiso ou A ponte sobre o río Kwai para falarnos de química.

Imaxes da conferencia do pasado 11 de febreiro

O pasado 12 de febreiro, no salón de actos, o alumnado de 2º e de 3º de ESO tivo a oportunidade de achegarse ás matemáticas dunha forma lúdica grazas a charla Gañar, gañar e volver a gañar de Eduardo Sáenz de Cabezón, matemático, profesor universitario, investigador e recoñecido divulgador científico. Presenta o programa de TVE2 Órbita Laika e mantén activa a exitosa canle de YouTube Derivando

Imaxes do encontro con Sáenz de Cabezón o pasado 12 de febreiro

Na xornada do venres 14 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO participou no obradoiro Matemáticas e Mulleres: de como Dido fixo grande a Cartago impartido por Elvira Hernández e Esther Gil, profesoras e investigadoras no ámbito das matemáticas na UNED. 
 
Imaxes do obradoiro da UNED
do pasado 14 de febreiro

Dende a biblioteca propoñemos para este mes de febreiro esta pequena selección de lecturas do noso fondo biblográfico.


Algunhas lecturas propostas