Bárbara de Carranza morreu nunha praza de Ourense en 1570 asasinada polo seu marido Alonso de Piñeiro. O documento notarial de Fernán Pérez de Lemos e que se conserva no Arquivo Histórico da cidade recolle este caso de violencia machista, un dos máis antigos rexistrados. A súa relevancia no contexto da loita contra a violencia de xénero é a base da mostra que estes días e ata fin de ano se pode visitar nas instalacións do Arquivo.
Este caso do século XVI fainos tomar conciencia como sociedade sobre a violencia contra as mulleres, unha problemática que trascende fronteiras, culturas e épocas e que reflicte un desequilibrio de poder nas estruturas sociais.
Para sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre a violencia de xénero, o alumnado de ESO durante as sesións de titoría elaborou un mural colaborativo que podedes visitar no vestíbulo da planta soto. Por grupos, escolleron diversas mensaxes e imaxes que plasmaron en globos e que xuntos formaron unha especie de graffiti ao estilo Banksy.
Mural polo 25N. Actividade impulsada por Vicedirección |
Pilar Fernández, coordinadora do Equipo de Biblioteca, creou tres modelos de marcapáxinas que estiveron expostos no vestíbulo da planta baixa. A aceptación por parte da comunidade educativa foi espectacular pois ao final da mañá tan só quedaban uns cantos exemplares.
Marcapáxinas |
Taboleiro Aférrate ao galego con motivo do 25N |
Aula de 3º ESO B |
No hay comentarios:
Publicar un comentario