Cada 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, data proposta o 15 de decembro de 2015 na Asamblea Xeral das Nacións Unidas. Dende entón e cada ano, persoas do ámbito científico e de xeito totalmente voluntario participan nesta conmemoracíon, que ten como propósito principal visibilizar o traballo das mulleres nas áreas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas). Deste xeito, preténdense crear referentes femininos para a infancia e a mocidade que axuden a que máis nenas e mozas elixan estas disciplinas como o seu camiño profesional.
No noso instituto cada curso sumámonos a este movemento con diversas propostas que organizamos dentro e fóra do centro.
O alumnado de 3º de ESO, nunha actividade impulsada polo departamento de física e química, participou o pasado 6 de febreiro na 8ª edición das Xornadas Ciencia e Tecnoloxía en feminino no Parque Tecnolóxico de Galicia.
O día comezou cun achegamento ao traballo que se realiza en Galicia no sector da madeira grazas á charla impartida por Esther Merlo, Enxeñeira de Montes con máis de 20 anos de experiencia na investigación e innovación tecnolóxica neste ámbito. Despois dunha visita á exposición "Mulleres que cambiaron o mundo", as nosas alumnas e alumnos participaron nun divertido obradoiro sobre os sentidos, impartido pola Enxeñeira Biomédica Iria Ollero, quen tamén se encargou de guiar un Escape Room científico baseado na figura de Hedy Lamarr, actriz de Hollywood e inventora dun sistema de comunicación precursor do wifi.
Velaquí algunhas imaxes:
O alumnado de 3º de ESO que cursa a materia de Proxecto Competencial asistiu este luns 23 de feb á charla "A túa cociña está chea de química e é sa", impatida por Ángeles Peña Gallego, Decana da Facultade de Química da Universidade de Vigo. Esta actividade, proposta polo departamento de física e química, enlaza co tema que se está a traballar na aula este curso: explorando a química dos alimentos e da cociña.
![]() |
| Aprendemos a facer esferificacións: técnica gastronómica que encapsula líquidos en membranas xelatinosas. |
Tamén durante a semana do 9 ao 13 de febreiro o alumnado de 1º de ESO participou nun xogo de pistas na biblioteca organizado polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Para acompañar esta actividade, o Equipo de Biblioteca montou unha pequena exposición con diversos títulos do noso fondo bibliográfico: algunha novela de aventuras de corte científico, libros de divulgación científica escritos por mulleres e pequenas biografías de mulleres relevantes na historia da ciencia. Convidámosvos a mergullarvos nalgunha destas lecturas.

.jpg)
.jpg)


