martes, 29 de abril de 2025

Conversando cos nosos maiores

Xa vos contamos nesta entrada do blog que o noso centro está a colaborar a través do Club de lectura co CIS Aixiña. Desta vez foi o alumnado de 1º de bacharelato, xunto coa profesora María Xosé Fdez Casas, quen participou o pasado 4 de abril nunha conversa con usuarios do centro de día Alborexo que xestiona esta institución.

A actividade completarase nas vindeiras sesións lectivas nas que se debaterá sobre o tema do edadismo

Velaquí algunha imaxe.



Infografías de 2020 do Ministerio de Sanidade
www.sanidad.gob.es




A contaminación: un problema global

O pasado 28 de marzo o alumnado de 2º de bacharelato B que cursa a materia de Xeografía coa profesora Eva Álvarez, asistiu á conferencia sobre Contaminación impartida por María Fuencisla Mariño Callejo, profesora titular do Dpto. de Ecoloxia e Bioloxía Animal da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. 

A contaminación actualmente é un problema global que afecta a distintos medios e seres de diferentes características. Nesta charla fíxose un repaso xeral da historia da contaminación, o seu efecto e as súas posibles soluciós. 

Ao fío desta actividade, organizada polo Dpto. de Xeografía e Historia, recomendamos dende a biblioteca a lectura de Argonauta: Peripecias modernas entre el oceano y el cambio climático (Raspabook, 2020) de Pablo Rodríguez Ros, Licenciado en Ciencias Ambientais e Doutor en Ciencias do Mar. 



Sinopse:

A lo largo de la historia los antiguos navegantes se embarcaban en expediciones hacia los confines más recónditos de la Tierra en búsqueda del conocimiento. Hoy en día, aquellos argonautas se han actualizado hasta convertirse en los intrépidos científicos que se embarcan durante meses en la incesante labor científica de las campañas oceanográficas. 

En estas páginas, Pablo Rodríguez Ros nos guía en su travesía a lo largo de estos años como investigador sobre oceanografía y cambio climático por distintos puntos del planeta. Desde su experiencia única y personal, además de cercana, entenderemos el alcance del impacto del cambio climático y, sobre todo, que aún estamos a tiempo de cambiar las cosas. 

Este libro es como esas historias de aventuras que nos contaban de pequeños, pero este es un viaje real, donde todos y cada uno de nosotros somos los protagonistas, y en el que no debemos olvidar que la vida, como la conocemos hasta ahora, puede ser el viaje más emocionante en el que hayamos embarcado jamás. ¿Seremos capaces de cambiar el rumbo a tiempo?