Este curso poñemos en marcha na BiblioFerro o Club de lectura de ciencias. Un grupiño de alumnos e alumnas de 4º de ESO animouse a participar nas xuntanzas que faremos aquí mesmo, a carón da nosa sección de ciencia.
Decorada co gran número pi de cubos de cores, que nos cedeu o departamento de matemáticas, e coas letras que a compañeira María José de Física e Química pintou con moita arte, nesta sección podedes atopar dende títulos de divulgadores e científicos recoñecidos como Xurxo Mariño, J.M Mulet, Juan Luis Arsuaga ou Deborah García Bello, ata pequenas novelas de aventuras con pinceladas de ciencia. Todas estas obras están sinaladas cun punto verde identificativo e algunhas delas propostas como lecturas voluntarias dentro do proxecto lector dos diferentes departamentos de ciencias.
Nós conversaremos periódicamente sobre Un científico en el supermercado: un viaje por la ciencia de las pequeñas cosas, de José Manuel López Nicolás. Empregando como fío conductor unha remolacha, unha camiseta, unha bebida enerxética ou unha pelota de tenis, mergullarémonos na investigación espacial, na ciencia dos materiais, na biotecnoloxía, no mundo da medicina e moito máis.